Gallego: “A Xunta fuxe do debate no Parlamento para non solucionar o desdobramento do corredor do Morrazo”

Gallego: “A Xunta fuxe do debate no Parlamento para non solucionar o desdobramento do corredor do Morrazo”

Gallego: “A Xunta fuxe do debate no Parlamento para non solucionar o desdobramento do corredor do Morrazo”


A parlamentaria socialista Carmen Gallego acusou hoxe ao Goberno de Feijóo de “fuxir do debate parlamentario” para “eludir presentar solucións ao desdobramento do corredor do Morrazo”. Así o dixo logo de coñecer o aprazamento dunha Interpelación socialista sobre esta cuestión pola ausencia do conselleiro de Infraestruturas, que “adía o debate ata febreiro por asistir á toma de posesión dunha ministra”.

Gallego lamentou que a Xunta “escape do debate para concretar as súas previsións”, e lembrou que a iniciativa “esixíase ao goberno de Feijóo explicacións pola paralización da adxudicación do desdobramento e o compromiso de levar a cabo a obra”. Sinalou que “si o conselleiro de Infraestruturas non pode asistir, pode responder por medio de calqueira outro conselleiro en lugar de adiar o debate ata febreiro de 2012.

A parlamentaria do Morrazo denuncia que “o retraso do goberno de Feijóo en adxudicar esta infraestrutura tamén se traslada ao seu retraso en afrontar os debates para non dar a cara diante do Parlamento e dos representantes da cidadanía”.

Decisión agochada

Gallego acusou ao Goberno de Feijóo de ter “agochada a paralización da adxudicación do desdobramento ata logo das eleccións xerais para que non lle prexudicara electoralmente”. Apuntou que a infraestrutura “foi anunciada na precampaña das eleccións municipais” e decidiron frear o anuncio da súa paralización a pesares de que sabían que só se presentara unha empresa”.

Cualificou de “dantesco” que logo de todo o percorrido desta infraestrutura “agora eluden o debate e o compromiso, evitan dar novas datas de contratación e adxudicación e de inicio de obras”, tal e como “evitaron concretárllelo aos alcaldes de Cangas e Moaña”. Asegurou que “seguiremos insistindo na imperiosa necesidade da obra” e asegurou que “si o goberno non quere vir ao Parlamento terá que falar connosco”.

Confirmou o apoio dos socialistas galegos “a tódalas iniciativas cidadáns e institucionais dos gobernos locais do Morrazo para esixir unha pronta solución a esta paralización que provoca angustia nos usuarios pola elevada siniestralidade que soporta o vial”.

Dixo que “traballaremos dende cada unha das nosas responsabilidades para que se faga xustiza coa área máis dinámica da economía de Galicia e se garanta a conectividade de O Morrazo e desta zona coas áreas metropolitanas de Vigo e Pontevedra” porque “hai infraestruturas coma esta que son imprescindibles para garantir a seguridade e a vida das persoas e tamén o crecemento económico e o emprego”.

Nunca quixo ir ao Morrazo

Lembrou que o conselleiro que hoxe non quixo responder “é o mesmo que nunca quixo ir ao Morrazo da man dos responsables lexítimos dos gobernos locais a falar desta infraestrutura”. Sinalou que “cando anunciou a licitación fíxoo dende a Delegación da Xunta en Vigo, e cando visitou Cangas non falou co Concello senón cunha Asociación de Empresarios”.

Critica que “escapa agora tamén do debate no Parlamento de Galicia porque non quere comprometerse, como non o fixo na pasada semana na xuntanza que mantivo en Santiago cos alcaldes de Moaña e Cangas”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar