Gallego: “A Xunta debe aprobar de xeito inmediato un Plan da Seca para avaliar os danos nos sectores produtivos”

Gallego: “A Xunta debe aprobar de xeito inmediato un Plan da Seca para avaliar os danos nos sectores produtivos”

Gallego: “A Xunta debe aprobar de xeito inmediato un Plan da Seca para avaliar os danos nos sectores produtivos”

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista e Secretaria de Coordinación de Promoción do Económica de Emprego do PSdeG, Carmen Gallego, esixiulle hoxe ao Goberno galego que “de xeito inmediato se poñan a traballar para aprobar un Plan da Seca e así avaliar os danos nos sectores produtivos, que son cuantiosos”.

A responsable de Medio Ambiente denunciou que “a Xunta estivo esperando a que chovese, e así desentenderse do problema, sen embargo esta choiva non é suficiente para paliar os danos que se veñen producindo”. Por isto, esixiulle ao Goberno galego que “explique alto é claro que medidas ten previsto adoptar para atallar as consecuencias da seca”.

Neste senso, apuntou que “é deber dun goberno responsable avaliar a situación actual de seca, así como, as consecue

ncias sobre os distintos sectores da economía, do medio ambiente e sobre a garantía de abastecemento de auga á poboación”.

Gallego esixiulle á Xunta que “poña en marcha as axudas necesarias destinadas aos sectores produtivos como a agricultura, a gandería, a viticultura… que están sufrindo brutalmente as consecuencias desta seca” e lembrou que “a seca conleva problemas para a agricultura e gandeiría, para as colleitas e sementeiras de herba e millo, ademais dun incremento do custo de produción do leite”.

Ademais instou ao Goberno galego a actuar con medidas de emerxencia naqueles sistemas de abastecemento que poidan poñer en risco a garantía de auga para a poboación ao longo do ano, así como, tomar medidas que eviten a sobreexplotación dos acuíferos que poidan estar xa danados.

Por todo isto, Carmen Gallego demandoulle a Xunta de Galicia que “poña en marcha todas estas medidas que axuden a minimizar os efectos desta seca” e lembrou que tanto a Directiva Marco de Auga e a Lexislación sobre o Planeamento Hidrolóxico Nacional “obrigan ao Goberno da Xunta a elaborar un Plan de Seca”,

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar