Gallego: "A Xunta actuou de xeito improvisado e con desidia na enchenta da Lagoa da Frouxeira"

Gallego: "A Xunta actuou de xeito improvisado e con desidia na enchenta da Lagoa da Frouxeira"

Gallego: "A Xunta actuou de xeito improvisado e con desidia na enchenta da Lagoa da Frouxeira"

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario Socialista Carmen Gallego interveu hoxe na Comisión 2ª do Parlamento para reclamar explicacións sobre os estudios técnicos e científicos cos que contou a Xunta para actuacións na Lagoa da Frouxeira en Valdoviño, e o custe das súas actuacións.

Explicou que a Lagoa foi anegada pola propia auga do mar, o pasado mes de decembro e que continuou no mes de xaneiro. Dixo que esta enchenta provocou moitos problemas aos veciños da zona, xa que non puideron acceder as súas vivendas. Neste punto aludiu as protestas realizadas polos propios afectados “que iniciaron un peche no Concello para protestar pola falta de colaboración da Xunta, e denunciar a situación na que se atopaban”.

A deputada afirma a solución a este problema da Lagoa “é complexo”. Nese senso referiuse a proposición aprobada no Parlamento, por unanimidade, o pasado 19 de maio de 2010, coa que se pretendía atopar unha solución. A proposta reclamaba;

-Buscar novos mecanismos de actuación na lagoa da Frouxeira cando sexa necesaria a súa apertura para o desaugamento.
-Executar as accións que sexan necesarias en base ao estudo que se está a realizar que permitan a conservación e restauración do espazo natural da Lagoa e da praia da Frouxeira.
-Con carácter cautelar e ata ter os resultados do estudo, non autorizar novas aperturas da canle de desaugamento.

Gallego dixo tamén que reclamou en reiteradas ocasións ao Goberno de Feijoo “que actuara de inmediato ante esta dramática situación, auxiliando aos veciños de Valdoviño”, pero denunciou “por alí non apareceu ninguén”.

Baleirado de Tragsa

Asegura que a Xunta contratou a empresa TRAGSA para facer unha baleirado artificial da Lagoa “pero casualmente no mesmo dia que se ia proceder ao baleirado, a propia natureza fixo o baleirado xustamente polo lado contrario ao que Goberno da Xunta realizara previamente a actuación”, coa maquinaria.

A parlamentaria socialista preguntou que estudios soportaron a actuación que realizaron dende a administración “xa que foi inútil, e na que se despilfarraron recursos públicos”. Ademais asegura que reclamou en sede parlamentaria os estudios científicos e técnicos que avalaron estas actuacións, “pero creemos que non existen”. E preguntou “porque non son facilitados aos Grupos Parlamentarios?”.

Despilfarro

Por iso cualificou “de despilfarro”, as actuacións da Xunta. Xa que asegura actuou de xeito “improvisado e con desidia”, porque foi a propia natureza quen solucionou a situación.

E insistiu nas súas criticas “os veciños foron abandonados a súa sorte pola neglixencia do Goberno de Feijoo”. Gallego quere coñecer a cuantia para executar estas obras “pero o Director Xeral non contestou a ningunha das preguntas”.

Así as cousas denuncia que as solucións da Xunta “non aportaron nada en positivo, e fixéronse sen estudios científicos e técnicos”.

E rematou “hai algún problema urbanístico real que sexa a causa destas enchentas da Lagoa da Frouxeira?”, recriminou. E aseverou que dende a chegada de Feijoo ao Goberno da Xunta “non temos mais que problemas coa Lagoa”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar