Gallego esixe a Hernández explicacións polas adxudicacións de Sogama e por facilitar a readmisión dun dos imputados, despedido polo anterior Goberno

Gallego esixe a Hernández explicacións polas adxudicacións de Sogama e por facilitar a readmisión dun dos imputados, despedido polo anterior Goberno

Gallego esixe a Hernández explicacións polas adxudicacións de Sogama e por facilitar a readmisión dun dos imputados, despedido polo anterior Goberno

A secretaria de Medio Ambiente e portavoz desta área no Grupo Parlamentario dos socialistas galegos, Carmen Gallego, reclamou a comparecencia do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, Agustín Hernández, a fin de que explique no Parlamento o que está a pasar en Sogama, tras a imputación de dous cargos desta sociedade por un suposto delito de tráfico de influencias. Así mesmo, solicitou ter acceso a todos os expedientes de adxudicacións de Sogama dende que Hernández é conselleiro, a fin de comprobar qué intervención tiveron os dous imputados nos mesmos.

Gallego lembrou que un dos imputados, Pérez Mariño, foi despedido de Sogama durante o anterior Goberno tras detectar graves irregularidades no desempeño das súas funcións, e que foi o propio Agustín Hernández quen fixo o posible para que fose readmitido.

“O conselleiro terá que explicar por que hai case dous anos promoveu un cambio nos servizos xurídicos que defendían a Sogama, que derivou na indefensión por parte desta sociedade no despido de Pérez Mariño, facendo así todo o posible para facilitar a súa readmisión”, sinalou.

Ao mesmo tempo, considerou que tanto o conselleiro como o presidente de Sogama “están na obriga de darlle unha explicación aos galegos e as galegas sobre os intereses que están a defender” xa que “polas declaracións realizadas por ambos, mais parece que están preocupados polos dous imputados que por aclarar se houbo adxudicacións de contratos irregulares no seo desta sociedade”.

A socialista tamén esixiu ao conselleiro de Medio Ambiente a destitución inmediata dos dous cargos de Sogama imputados, xa que “aínda preservando o seu dereito á presunción de inocencia, e mentres continúa a investigación, non deben seguir ocupándose das actividades polas que están sendo procesados”.

A responsable de Medio Ambiente do PSdeG reiterou a súa denuncia pola “opacidade” de todo o que rodea á xestión de Sogama nos últimos dous anos, o que levou ao Grupo Parlamentario dos socialistas galegos a solicitar información acerca do funcionamento desta sociedade.

Gallego lembrou que o Goberno galego “impediu ata o de agora o acceso ás auditorías realizadas en Sogama, así como a documentación relativa ás actuacións realizadas no Complexo Ambiental, que lle foi solicitada en varias ocasións”. Por elo, esixiu unha vez máis ter acceso a esta información, así como a todos os expedientes de adxudicacións de Sogama.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar