Galicia volve a superar o máximo de desempregados da historia fronte á impasiblidade de Feijóo

Galicia volve a superar o máximo de desempregados da historia fronte á impasiblidade de Feijóo

Galicia volve a superar o máximo de desempregados da historia fronte á impasiblidade de Feijóo

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, dixo que Galicia “volve superar o máximo de desempregados a súa historia” mentres Feijóo “o único que ofrece é impasibilidade”. Así o dixo logo de coñecer o desemprego de febreiro, nos que Galicia volve acadar un novo récord con 274.675 parados “sen ter en conta as 53.000 persoas non incluídas na maquillaxe da clave S-698”.

Dixo que a “ausencia clamorosa” do goberno galego á hora de impulsar o emprego, unido ao desplome nos investimentos en economía produtiva, a variación anual do paro rexistrado –un 10,63 por cento- é claramente superior á media estatal -cun 9,6 por cento-. Con relación a hai dous anos, o paro rexistrado aumentou en Galicia nun 17,29 por cento fronte ao 14,08 do estado.

Preguntou neste sentido “ata ónde ten que chegar o paro en Galicia para que o presidente da Xunta deixe de estrangular aos sectores produtivos e aplique medidas de impulso do emprego”. Lamentou que ata o momento “o único que sabemos de Feijóo é que aplaude entusiasta unha reforma laboral que ataca aos traballadores desregulando as relacións laborais deixándoos desprotexidos ao albur do empresariado”.

Recomendou ao presidente da Xunta que supere o seu “illamento crónico da realidade”, e engadiu que “si non quere escoitar á cidadanía, que está a amosar día a día o seu descontento coas políticas do Goberno galego, a lo menos atenda aos números que evidencian o fracaso da súa acción de goberno”.

O responsable socialista apuntou que “si tampouco así é capaz de decatarse, debería revisar as hemerotecas para ver cómo hai tres anos el mesmo consideraba dramática unha taxa do 12 por cento, e logo mire a taxa actual do 18 por cento, a ver si así acada conclusións e comeza a exercer de presidente do goberno”.

Subliñou que, lonxe de ter diminuído o paro, tal e como prometía antes de ser presidente do Goberno galego, hoxe o temos como “o presidente que mais emprego destruíu na historia de Galicia” incrementando os desempregados ata 274.675 persoas, e cun horizonte de acadar as 300.000 este mesmo ano.

Puntualizou que, ademais do crecemento do 1,25 por cento na porcentaxe de parados no mes de decembro, as cifras de afiliacións á Seguridade Social revelan que Galicia perdeu 36.082 afiliacións, cunha caída do 3,67 por cento fronte ao 2,59 de descenso a nivel estatal. Galicia é a terceira Comunidade Autónoma onde descendeu máis a filiación á Seguridade Social no último ano en termos relativos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar