Galicia sumou mais de 90 parados cada día e mais de 2.800 cada mes dende a chegada de Feijóo

Galicia sumou mais de 90 parados cada día e mais de 2.800 cada mes dende a chegada de Feijóo

Galicia sumou mais de 90 parados cada día e mais de 2.800 cada mes dende a chegada de Feijóo

José Luis Méndez Romeu sinala que os 160 millóns de fondos de promoción de emprego non executados polo goberno galego permitirían beneficiar a 98.000 desempregados

O portavoz de Economía, Industria e Innovación do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, sinalou que Galicia sumou 94 parados cada día dende a toma de posesión de Feijóo. Así o dixo logo de coñecer os datos do primeiro trimestre de 2012, que en Galicia ascende ao “récord histórico” de 265.000 desempregados.

Méndez Romeu dixo que cada mes perderon o seu traballo en Galicia 2.819 persoas, unha autonomía que con Feijóo destruíu o 10 por cento do emprego, dous puntos mais que a media do Estado, e o paro aumentou un 63 por cento, fronte ao 40 por cento de España. Salientou a especial incidencia no sector industrial, que perdeu 38.500 empregos, o 18,5 por cento, e en servizos outros 35.300, un 4,7 por cento.

O responsable socialista explicou que cos 160 millóns de orzamentos de Fomento de Emprego devoltos pola Xunta o ano pasado, tal e como sinalan os orzamentos do Estado, co que “deixaron de ser atendidos 69.522 parados e 28.180 ocupados” e agora hai que devolver ao Estado uns fondos dos que ninguén se vai beneficiar”.

Explicou que con estes fondos poderían terse atendido a 10.000 parados durante 6 meses, dándolles a oportunidade de ter un subsidio de desemprego 21 meses mais. Co que non foi executado no emprego autónomo podería terse pagado as cotas da Seguridade Social de 10.000 desempregados que non podían capitalizar a súa pensión.

Ademais, dixo, a Xunta vai despedir a 109 orientadores laborais que se beneficiarían destes fondos, de acordo coas cifras dos orzamentos xerais do Estado, co que “haberá mais paro e peor atención nas oficinas de emprego”.

Execución orzamentaria

O responsable socialista advertiu ademais que, de acordo cos datos de execución orzamentaria da Xunta coñecidos onte, a consellería de Economía e Industria só executou o 25 por cento dos fondos de transferencias de capital para financiamento das empresas. Considerou “escandaloso” que deixara sen executar 3 de cada 4 euros, un total de 219 millóns de euros orixinalmente destinados a apoiar ás empresas galegas.

Ademais, engadiu que o Goberno de Feijóo deixou sen executar en concreto o 40 por cento do programa de I+D+i precisamente no momento de maior incidencia da crise económica en Galicia, mentres o 68 por cento dos fondos para desenvolvemento empresarial quedaron tamén sen ser investidos polo goberno galego.

O responsable socialista presentou hoxe unha serie de iniciativas para que a Xunta incentive o sector da alta tecnoloxía, que perdeu un 15 por cento do emprego dende a chegada de Feijóo á Xunta de Galicia. Neste sentido, explicou que o sector debería sumar 20.000 novos empregados tan só para acadar a media estatal.

Sinalou que o sector perdeu en 2010 4.400 e mais de 9.000 entre 2009 e 2010, cunha caída catro puntos por encima da media de España. Engadiu que no ano 2010 o seu volume de negocios sufriu unha caída do 6,5 por cento, o que contrasta co aumento do 7,2 por cento facturado a nivel estatal.

Méndez Romeu subliñou que mentres o contexto de crise demanda un esforzo especial na innovación e competitividade en sectores de alto valor engadido, en Galicia este perde peso progresivamente. Así, o valor engadido cae en mais de 300 millóns de euros en 2010, cunha caída do 17 por cento.

Proposta

Os socialistas propoñen polo tanto ao goberno galego o deseño dun novo sistema de incentivos para as empresas de alta tecnoloxía, que supere os límites do marco actual, definindo unha estratexia global de innovación científica e tecnolóxica coa participación do sector e das institucións públicas. Ademais, reclama un programa de divulación científica e tecnolóxica para o conxunto da poboación e especificamente para o ensino secundario.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar