Galicia require de actuacións específicas para loitar contra a violencia no deporte

Galicia require de actuacións específicas para loitar contra a violencia no deporte

Galicia require de actuacións específicas para loitar contra a violencia no deporte

O deputado socialista Julio Torrado presentou unha proposición non de Lei para reclamarlle ao goberno galego que acorde e poña en marcha medidas específicas para afrontar a violencia no deporte en Galicia. O responsable socialista urxe a tomar medidas con “datos e propostas concretas dende Galicia”.

Torrado insta á secretaría xeral para o deporte a elaborar un informe sobre a situación e existencia de condutas violentas asociadas ao deporte en Galicia, a imaxe do elaborado pola Comisión Antiviolencia a nivel estatal. Propón ademais a constitución dun grupo de traballo coa participación de expertos en investigación social e a participación da administracións, federacións, clubes e outros axentes sociais.

O obxectivo é elaborar “un documento de traballo que contemple unha análise dos datos ofrecidos no informe referido no punto anterior, e propoña as actuacións a levar a cabo por parte dos axentes implicados”. Sinala neste sentido que “as divisións semiprofesionais e afeccionadas do deporte, especialmente dos deportes maioritarios e concretamente do fútbol merecen unha atención específica” dende a perspectiva autonómica.

O deputado socialista fai referencia ao informe anual elaborado pola Comisión Antiviolencia para o Deporte, constituída polo goberno de Zapatero en 2008, con datos agrupados para toda España, co que “sería de relevancia coñecer estes datos desagregados para Galicia”.

Explica que, malia ao avance neste campo, grazas ao traballo da Comisión Antiviolencia e da Lei do Deporte de Galicia, continúan condutas relacionadas coa violencia intergrupal, entre afeccións, así como violencias de natureza machista ou xenófoba. Nalgúns casos os resultados chegan a ser dramáticos, e requiren de accións regulamentarias e educativas combinadas.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar