Galicia rematará o ano con 60.000 parados máis como consecuencia da reforma laboral, segundo o informe da Fundación Ideas

Galicia rematará o ano con 60.000 parados máis como consecuencia da reforma laboral, segundo o informe da Fundación Ideas

Galicia rematará o ano con 60.000 parados máis como consecuencia da reforma laboral, segundo o informe da Fundación Ideas

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e o vicepresidente da Fundación Ideas e Secretario de Ideas e Programas do PSOE, Jesús Caldera, reuníronse esta tarde cos responsables de Economía e Emprego dos socialistas galegos e das centrais sindicais para coñecer un informe sobre os efectos na economía galega da crise e a reforma laboral

O líder dos socialistas galegos encadra a xuntanza de hoxe dentro da activación das áreas de responsabilidade da Executiva para propoñer medidas e solucións e dicirlle a Galicia que o camiño “non é o dos gobernos de Madrid e Galicia”, senón “o de apostar polo crecemento e a reactivación económica”

Sobre a reforma laboral, coincidiron ambos dirixentes socialistas en que só nos conducirá a máis paro e máis recesión

Galicia rematará o ano con 62.000 parados máis como consecuencia das medidas contra a crise e da reforma laboral do Goberno de Rajoy. Esta é unha das conclusións máis relevantes do informe que hoxe presentou en Santiago o vicepresidente da Fundación Ideas, Jesús Caldera, ao Secretario Xeral dos PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, e ao responsables de Economía e Emprego dos socialistas galegos e das centrais sindicais.

O informe prantexa dous posibles escenarios en Galicia, nos cales o incremento do número de parados a final de ano podería oscilar entre os 58.000 e os 62.000; entre 8.000 e 13.000, según cada escenario, se poderían atribuír directamente aos efectos da reforma laboral aprobada polo goberno de Rajoy.

O líder dos socialistas galegos encadrou a visita de Caldera na anunciada posta en marcha das áreas de responsabilidade da Executiva do PSdeG-PSOE para non só “explicar que o PP non ten solucións”, senón para amosar aos cidadáns que os socialistas galegos temos propostas e solucións para impulsar “o crecemento e a reactivación económica” do país.

O ex-ministro e secretario federal de Ideas e Programas do PSOE salientou que, mentres todos os especialistas económicos apuntaban que “a austeridade máxima asfixia o crecemento económico”, Rajoy aspira a ser “o campión das máximas esixencias”. Como consecuencia diso, Caldera advirte que, o que en 2012 e 2013 vai ser unha fonda recesión, “pode acabar en depresión”.

Criticou a política do ministro de Economía, Luis de Guindos, de quen dixo “non dou nin unha”. Caldera salienta a falta de incentivos que levan a “un cambio de modelo produtivo”, obxectivo no que se debe fundamentar a saída da crise e a creación de emprego.

Para o vicepresidente da Fundación Ideas as medidas do Goberno, en especial a reforma laboral, son “medidas procíclicas” que o único que conseguen é favorecer o despido e afondar a recesión.

No conxunto do Estado, as previsións do estudo presentado aos socialistas galegos eleva o número de novos desempregados en 2012 de 630.000 que prevé o Goberno a 800.000.

Critica Caldera que non haxa ningún incentivo cara un cambio do modelo produtivo, por exemplo cara a modos máis sostibles de produción, que incentivaran a contratación. Recrimina ao Goberno que os incentivos á contratación non estean condicionados a un incremento de plantilla. Así, afirma o exministro que “ se dan de 12.000 a 14.000 euros por un contrato mentres a empresa pode seguir destruíndo emprego”.

Reprocha ao Executivo de Rajoy a falta de políticas de formación e a redución de 1.500 millóns de euros en políticas activas de emprego, dos que 120 corresponden a Galicia.

Citou á publicación económica conservadora, The Economist, “coa que non comparto modelo económico”, pero coa que coincide Caldera na súa definición da reforma laboral como “unha devaluación interna” provocada por unha caída xeralizada dos salarios. Advirte o dirixente socialista que nada impide que en lugar de activar a economía, este esforzo colectivo non acabe engordando os beneficios das empresas.

Esta situación acarrea que cada vez haxa menos renda nas familias, menos consumo, e menos ingresos do Estado a través dos impostos e do IRPF, e baixará o PIB.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar