Galicia leva tres anos cos combustibles máis caros da Península

Galicia leva tres anos cos combustibles máis caros da Península

Galicia leva tres anos cos combustibles máis caros da Península

O portavoz de Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, denunciou hoxe o desleixo do goberno galego mentres Galicia leva 3 anos cos prezos dos combustibles máis altos da España peninsular. O responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión parlamentaria para demandarlle á Xunta “medidas eficaces” para frear este agravio contra os consumidores galegos.

Losada censurou a escasa atención demostrada pola Xunta diante desta situación mentres as empresas manteñen “taxas de beneficios escandalosamente altas” tendo en conta que o PIB está a medrar nun 3 por cento e os salarios apenas un 0,5. Lamentou que mentres os transportistas galegos continúan enchendo os petos das empresas, a Xunta “tan só está preocupada de depurar a súa publicidade e propaganda”.

Neste sentido, lembrou que a Xunta detraera fondos destinados á pobreza enerxética para dedicárllelos a “estudar o impacto das políticas da Consellería no tecido económico galego” e ironizou con que “poderían dedicalos a estudar os prezos dos carburantes”.

Losada criticou a pasividade do goberno galego fronte a unhas prácticas por parte das principais distribuidoras absolutamente lesivas contra os consumidores e toda a actividade económica de Galicia. Lembrou que a propia CNMC amosouse “moi preocupada” por estas prácticas oligopólicas, que castigou cunha multa “histórica” de 32 millóns contra Repsol, Cepsa e BP, que supón o 1,2 por cento dos seus beneficios.

O responsable socialista ironizou co feito de que “teñen moita vontade política, pero ninguén explica por qué o gasóleo refinado na planta de A Coruña é máis caro nesta provincia que en Valladolid”, unha situación “sen visos de solución”. Mentres, os transportistas galegos das localidades fronteirizas que repostan fora aforran en torno a 2.400 euros mensuais.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar