Galicia "en liquidación"

Galicia "en liquidación"

Galicia "en liquidación"

Pleno del parlamento

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, criticou hoxe que Feijóo teña posto a Galicia “en venda e liquidación”, logo de afearlle o seu desleixo á hora de captar investimento para Galicia. O responsable socialista dedicou a sesión de control de hoxe a criticar a falla de proxecto económico do presidente da Xunta.

Utilizou o caso da venda de R a unha operadora vasca, logo dun investimento de 65 millóns de euros de fondos públicos, como a perfecta metáfora do seu goberno. A pasividade da Xunta á hora de poñer en marcha un proxecto político, engadiu, xunto co declive da poboación ocupada, a afiliación á Seguridade Social, os salarios, a estabilidade laboral e a cobertura de desemprego, evidencia a ausencia de “estratexia intelixente” e de “algo semellante a unha política económica competitiva”.

Méndez Romeu lembrou a recente intervención de Feijóo na inauguración do congreso da Confederación Española de Directivos, os principais representantes das empresas do IBEX 35, no que “non ofreceu nada novidoso ou atractivo” para acadar investimento. Considera “inaceptable” que Feijóo “renuncie a ser líder dun país con proxecto e estratexia económica para transformarse en comentarista político”.

Aludiu así á preocupación do presidente por citar o nomeamento do Rei como embaixador honorario do Camiño, o talento da xente, o fermoso do país ou o rica que está a cervexa en troques de ofrecer incentivos para o investimento, liñas de actuación ou facilidades de financiamento. O presidente, dixo, evita concretar calquera mínimo apoio á chegada de capital a Galicia, co que “é difícil que logo de escoitalo alguén decida investir en Galicia”.

Engadiu que “para o presidente da Xunta non debe ser doado explicar que Galicia ten un gasto mínimo en I+D, unha conexión en banda larga que é das menores de España, as peores condicións para facer negocio, e novos empregos caracterizados pola baixa cualificación”. Con todo isto, dixo, “é comprensible que vexa mellor falar de cervexa” mentres “a captación de capital estranxeiro é menos que simbólica”.

Emprego

O portavoz socialista aludiu indirectamente aos datos do paro coñecidos hoxe, que revelan que o desemprego subiu en 3.066 persoas en Galicia, a segunda maior suba do Estado, para sinalar que “a realidade laboral vai a peor en salarios, estabilidade e cualificación”. Acusou a Feijóo de “substituír salarios dignos por prestacións puntuais para paliar a pobreza na tómbola electoral navideña do PP”.

“Pode contalo como queira –replicou- pero hoxe hai máis parados en Galicia que o día que vostede chegou ao goberno”, e afeoulle que “considere que saímos da crise cando o 30 por cento dos novos contratos son de menos de unha semana, e a metade de menos de tres meses, e os salarios roldan os 600 e 800 euros. Os empregos da súa “economía 4.0”, ironizou, son “de teleoperador, camareiro, repoñedor ou dependente de comercio”.

Sinalou así á devaluación salarial e de calidade do emprego provocada polas políticas do PP que “pon en risco o futuro da Seguridade Social e o pago das pensións” pola baixa cotización. Sinalou ademais que o 70 por cento dos desempregados xa carecen de cobertura, hai máis persoas que nunca con dificultades para chegar a fin de mes e “a xente renuncia ao médico dentista ou pasa frío por non pagar a calefacción”.

Criticou os “guiños electorais” de Feijóo e o PP “mentres Bruxelas reclama un novo axuste fiscal de 9.000 millóns de euros” e o goberno galego demóstrase incapaz de executar o gasto social e o investimento aprobado nos seus propios orzamentos. Lembrou que mesmo no último Plan de Desenvolvemento Rexional “deixaron de investir 5.000 millóns de euros”, cando xa se están apuntando ás promesas para o próximo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar