Galicia é a Comunidade Autónoma co combustible máis caro do Estado

Galicia é a Comunidade Autónoma co combustible máis caro do Estado

Galicia é a Comunidade Autónoma co combustible máis caro do Estado

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, sinalou hoxe que Galicia é actualmente a Comunidade Autónoma co prezo dos carburantes máis alto de todo o Estado. Losada presentou unha pregunta en Comisión parlamentaria na que denunciou o “desleixo e complacencia” da Xunta fronte a unhas prácticas por parte do oligopolio dos combustibles en contra dos galegos e galegas.

O responsable socialista sinalou que os galegos e galegas pagaron durante o ano 2015 os prezos da gasolina e gasoil máis elevados do Estado, mesmo por riba de Baleares, o que constitúe “unha anomalía de primeira orde” nun contexto de redución xeneralizada do prezo dos carburantes.

Lamentablemente, dixo, esta redución non se viu reflectida nos surtidores galegos ao mesmo nivel que no resto do Estado, que xa de por si baixaron menos do que diminuíu o prezo dos carburantes sen que o goberno galego se dera por aludido.

Explicou que mentres o prezo do barril de petróleo reduciuse nun 30 por cento, en Galicia os combustibles descenderon un 10 por cento, mentres no resto do Estado o descenso supuxo ata un 13 por cento. Galicia foi por exemplo a Comunidade Autónoma co menor número de surtidores co litro de gasoil por debaixo dos 90 céntimos.

Losada criticou a pasividade do goberno galego fronte a unhas prácticas por parte das principais distribuidoras absolutamente lesivas contra os consumidores e toda a actividade económica de Galicia. Lembrou que a propia CNMC amosouse “moi preocupada” por estas prácticas oligopólicas, que castigou cunha multa “histórica” de 32 millóns contra Repsol, Cepsa e BP, que supón o 1,2 por cento dos seus beneficios.

Sinalou que a Xunta “pasou de estar primeiro preocupada a agora ilusionada” fronte a unhas medidas e uns instrumentos que se teñen demostrado estériles, xa que as grandes empresas “pagan a multa e continúan impoñendo prezos refractarios á baixa”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar