Galicia é a 2ª comunidade autónoma que máis axudas de reindustrializacion recibe do Goberno Central

Galicia é a 2ª comunidade autónoma que máis axudas de reindustrializacion recibe do Goberno Central

Galicia é a 2ª comunidade autónoma que máis axudas de reindustrializacion recibe do Goberno Central

Xavier Carro destaca que Galicia ocupa o 2ª lugar no ranking das Comunidades Autónomas que maior investimento reciben en 2011 do Goberno Central en concepto de axudas de reindustrialización. Así se desprende do Informe sobre as axudas a proxectos de reindustrialización que aprobou onte mesmo o Consello de Ministros.

Galicia recibe así este ano 73,8 millóns de euros en axudas para proxectos de reindustrialización, dos que 70,4 millóns de euros son en concepto de préstamos e case 3,4 millóns de euros en subvencións. Este financiamento supón un investimento de 185,4 millóns de euros e 526 empregos directos. O número de solicitudes presentadas ascende a 293 e os proxectos aprobados son 110. Os proxectos aprobados divídense en dous grandes eixos: iniciativas industriais e infraestruturas industriais.

Por provincias, Carro apunta que, debido aos programas de reindustrialización das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e os de Costa da Morte, A Coruña é a que maior financiamento recibe, máis de 65 millóns de euros, dos que 63,7 millóns corresponden a préstamos e 2,2 millóns a subvencións. O investimento ascende a 151,2 millóns de euros e supón 413 empregos directos. Hai un total de 191 solicitudes e 84 proxectos aprobados.

En segundo lugar atópase a provincia de Lugo, que recibe do Goberno Central case 6 millóns de euros en axudas de reindustrialización, seguida de Pontevedra con 1,2 millóns de euros e de Ourense con case 643.000 euros.

Carro sinala que os obxectivos dos Programas de reindustrialización son a rexeneración e desenvolvemento do tecido industrial das rexións afectadas por axuste empresarial ou deslocalización, con perda de actividade industrial e destrución de desemprego, a través da transformación das estruturas produtivas e a conformación dun tecido industrial moderno e competitivo que xere emprego e riqueza.

O deputado socialista lembra que, entre 2005 e 2010, Galicia recibiu do Goberno Central 254,7 millóns de euros en axudas a programas de reindustrialización, que mobilizaron investimentos por un importe de 603,8 millóns de euros e crearon 1.486 postos de traballo. Tamén neste período, destacan as axudas á provincia da Coruña -polos programas de reindustrialización das comarcas de Ferrol, Eume e Ortegal e os de Costa da Morte- que ascenden a 225,81 millóns de euros, o que no seu conxunto mobilizou investimentos por 502,24 millóns de euros e creado 1.164 postos de traballo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar