“Galicia destruíu máis emprego que o conxunto de España, se Feijóo tivera dignidade marcharíase para a casa”

“Galicia destruíu máis emprego que o conxunto de España, se Feijóo tivera dignidade marcharíase para a casa”

“Galicia destruíu máis emprego que o conxunto de España, se Feijóo tivera dignidade marcharíase para a casa”

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE clausurou en Següeiro a Escola de Verán do PSdeG-PSOE

Para o dirixente socialista a xestión de Feijóo é recesión, récord histórico do paro, o desmantelamento do sistema financeiro, dos servizos básicos e agora tamén do Parlamento de Galicia

“Cando Feijóo di que sobre Parlamento de Galicia o que sobra e el”

A Escola de Formación prepara aos socialistas para ofrecer unha alternativa clara e realista aos problemas de Galicia, baseada nunha aposta polo crecemento, o emprego e os servizos sociais

O Secretario Xeral do PSdeG-PSOE, Pachi Vázquez, dixo de Feijóo que “se tivera un mínimo de dignidade se marcharía para a casa” logo de coñecer que, no último trimestre, en termos absolutos, Galicia destruíu máis emprego que España. Galicia destruíu 16.800 empregos, fronte aos 15.900 do conxunto do Estado.

“Este é o gran drama deste país”, afirma o dirixente socialista en referencia ao feito de que, o paro medre 4 veces máis en Galicia que en toda España. Vázquez pregunta ao Presidente da Xunta en que vai mellor esta comunidade, se desde que Feijóo goberna, o paro medrou un 70%, fronte ao 42% nacional. 113.000 galegos e galegas foron ao paro.

Recriminoulle a Feijóo que fora dilapidando o diferencial existente coa media Española ata reducilo a tres puntos. “Non fixemos nada” reprocha ao mandatario galego “agás andar entretido nos platós mentres deixaba esmorecer Galicia”, acusou o líder do PSdeG.

Cualificou a Núñez Feijóo como a persoa “que máis dano fixo a Galicia en menos tempo, na historia do autogoberno do noso país”. Rexeita que o popular non teña xestión ó fronte da Xunta, “a xestión de Feijóo é recesión, récord histórico do paro, o desmantelamento do sistema financeiro, dos servizos básicos e agora tamén do Parlamento de Galicia, lévanos á ruína económica e social”, aseverou Vázquez.

O líder dos socialistas galegos citou a Celso Emilio Ferreiro, “Sin a seiva nutricia esmorecen as gallas. Arbre antigo, Galicia, fendéronno as machadas”, ilustrando con estes versos do Limiar de Longa Noite de Pedra a acusación aos populares de deixar unha Galicia sen incentivos, sen esperanza, sen rumbo e sen dirección.

En relación á comparecencia de Fernández Gayoso e Fernández Ordóñez no Congreso, Pachi Vázquez, considerou pouco explicable que o expresidente de NCG comparecera primeiro en Madrid que no Hórreo. Para salientar a continuación a coincidencia dos comparecentes en culpar a Feijóo de forzar unha fusión imposible. Baseada nunha auditoría que o titular do Executivo non só negou ao Parlamento, senón tamén aos responsables financeiros. Por iso Vázquez afirmou que, finalmente, Feijóo dará a coñecer esa auditoría “polas boas ou polas malas” mostrándose disposto a ir pola vía xudicial.

En relación ás preferentes, o dirixente socialista salientou o “engano masivo” que queren tapar coa devolución a través do laudo a 2 dos 100.000 enganados.
“Queremos saber que vai ser de NGB”, esixe Pachi Vázquez, que amosa o seu escepticismo sobre si a inxección de capital prevista, ao redor dos 10 millóns de euros en total, vai poder salvar o sistema financeiro galego, tan necesario para plantar cara ao futuro.

Sobre a proposta de redución de deputados na Cámara Autonómica, Vázquez afirmou en primeiro termo que é “un chorro de tinta de lura” para ocultar o gran problema do paro. De todos modos, detecta unha “tentación totalitaria clara”. Como as enquisas “xa non lle dan ben”, Feijóo pretende cambiar as regras de xogo, “pero vai perder” asegura Vázquez que conmina ao Presidente galego a escoller entre “saír con dignidade ou mediante un pucheirazo”. Segundo Vázquez cando Feijóo di que sobra o Parlamento “o que sobra é el”.

Advirte do riscos de caer nas “trampas dos extremismos” para rexeitar a política, porque é esta a que nos fai iguais, animou aos socialistas a traballar por un modelo político de representación popular e na “visión totalitaria de mellor sen política”.

O líder do PSdeG tamén tomou o pulso á rúa, da que dixo que “está fervendo”, a sociedade galega está na rúa á espera dun partido que lles diga que está aí, “que sabemos e podemos sacar adiante este país”, afirmou Vázquez. Apelando ao sentido común afirmou que “sen traballo non hai ingresos para devolver as débedas”. Por iso considera “unha inxustiza” intentar vencer a crise sacándolle os cartos aos pensionistas, aos estudantes e aos parados, porque non os teñen.

Pachi Vázquez repasou as propostas do PSdeG-PSOE polo crecemento, o emprego e os servizos sociais. Referiuse aos temas abordados na Escola de Verán do PSdeG-PSOE como “a mellor garantía de que en Galicia hai unha alternativa clara e concreta fronte a crise”.

Unha aposta por crear 50.000 empregos, por incrementar os ingresos mediante os impostos á banca, ás grandes fortunas, ás grandes empresas e á Igrexa, a aposta por un sistema financeiro galego fronte a actual paralización do crédito, a blindaxe da sanidade e a educación fronte ao copago e a privatización, “unha aposta pola igualdade, a xustiza social e pola democracia fronte a involución e a miseria á que nos está levando Feijóo”, sentenciou.

FORMACIÓN E MALETAS

Pachi Vázquez rematou a súa intervención de clausura da Escola de Verán do PSdeG afirmando que a Escola de Formación fora unha das cousas máis importantes que se fixeran na súa organización, que prepara aos seus dirixentes para asumir o goberno de Galicia.

Despediuse dos participantes cunha anécdota definitoria da actitude de Feijóo e o contraste coa alternativa que representa para Galicia o Partido Socialista. Hai poucos días, dixo, o Presidente da Xunta recibía e galardoaba aos premios fin de carreira, e a Feijóo non se lle ocorre outra cousa que regalarlle aos máis preparados do país que unha maleta”, criticou Vázquez poñendo de manifesto a alegoría do futuro que lles pode esperar de continuar os populares no Goberno.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar