Galicia demanda mais recursos e mais autonomía para a loita contra a fraude fiscal

Galicia demanda mais recursos e mais autonomía para a loita contra a fraude fiscal

Galicia demanda mais recursos e mais autonomía para a loita contra a fraude fiscal

Juan Carlos González Santín sinala que a fraude fiscal en Galicia supera a media estatal e é mais do dobre de países como Inglaterra ou Francia.

Advirte que “aquí paga quen ten unha nómina ou pensión” xa que o goberno “persegue a quen declara”.

O portavoz de Facenda do Grupo Socialista, Juan Carlos González Santín, reclamoulle hoxe ao goberno galego que incremente os recursos materiais e humanos da Axencia Tributaria Galega para mellorar a loita contra a fraude fiscal. Así o dixo na comparecencia do director da Atriga na Comisión de Economía do Parlamento de Galicia logo do primeiro ano de vida do ente.

O responsable socialista reclamou unha axencia tributaria “mais autónoma e con maior capacidade de xestión”, xa que actualmente ten unha estrutura centralizada, sen unidades de xestión, que quita a capacidade de actuación libre dos inspectores diante de indicios de fraude. Neste momento están obrigados a seguir estritamente os plans de inspección fixados de antemán.

González Santín contrastou a situación da Axencia Tributaria Galega, con 395 efectivos, co entorno comunitario. España, dixo, conta con un inspector por cada 1.938 contribuíntes, moito menor que Francia, con un inspector por cada 860 contribuíntes, Alemania, con 769, ou Luxemburgo, con 451, e lembrou que “a maior capacidade humana incrementa a eficacia do traballo”.

O parlamentario socialista advertiu que o cadro, con menor capacidade e menores medios, complétase cunha maior fraude fiscal en Galicia que no seu entorno, xa que cun 25,6 por cento supera en un punto á media estatal, e sitúase moi por riba de países como o Reino Unido, cun 10 por cento, Francia, co 12 por cento, ou Suíza e Luxemburgo, que ascenden ao 8 por cento.

Percepción

“Con razón –concluíu- o 94,8 por cento dos enquistados, segundo o CIS, consideran que hai bastante ou moita fraude fiscal, e a maioría deles considera que o goberno fai pouco ou moi pouco” e o 87 por cento pensan que os impostos non se pagan xustamente. Alertou da “percepción de que aquí paga quen ten unha nómina ou pensión” xa que “o goberno persegue a quen declara”.

Así o ratifica, sinalou, o estudo elaborado pola Fundación de Estudos de Economía Aplicada –Fedea-, sobre o ano 2008, no que foi recadado o 104 por cento do correspondente polo IRPF no relativo a rendementos do traballo. Sen embargo, tan só se recadou o 39,08 por cento do correspondente a capital mobiliario e o 45,53 por cento de capital inmobiliario, un 52,6 por cento de rendas de estimación directa e un 54,79 por cento de estimación obxectiva.

Pensionistas emigrantes

Por outra parte, a responsable de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, considerou “absolutamente inapropiada” a fórmula escollida polo goberno para devolver as sancións aplicadas contra os pensionistas emigrantes retornados. Gallego presentou unha pregunta oral nan mesma Comisión de Economía na que criticou a discriminación contra este colectivo, vítima dunha “inspección masiva pouco xusta”.

Carmen Gallego criticou que o goberno obrigue aos afectados a presentar unha solicitude de devolución da sanción, iniciando un novo proceso administrativo, cando “debera ser o goberno quen de oficio devolvera o diñeiro”. Alertou de que “corremos o risco certo de que algunhas persoas non teñan capacidade de presentar as solicitudes por falla de información ou incapacidade e queden sen recuperar o seu diñeiro”.

Sinalou que “falla información sobre o procedemento de devolución” por parte do goberno central, máxime “cando estamos no medio dunha reforma fiscal”. Ademais, dixo, o proceso de inspección por parte do Ministerio “non remata, segue facendo unha inspección masiva aos pensionistas emigrantes, que continúan recibindo sancións mentres amnistían a quen vai a Suíza a depositar o seu capital a salvo do fisco”.

Lamentou a falla de interese demostrada polo goberno galego para impulsar unha reforma fiscal defendendo aos pensionistas emigrantes e evitando “agravios comparativos” cos pensionistas galegos. Explicou que os emigrantes están obrigados a declarar as súas pensións por proceder de dous pagadores mentres os galegos non, co que quedan exentos do seu pago.

Acordo parlamentario

Gallego lembrou que as actuacións do goberno galego “tiveron que ser instadas polos socialistas galegos, que trouxemos ao Parlamento ao colectivo e impulsamos unha iniciativa aprobada por unanimidade para retirarlles as sancións”. Esta iniciativa, sen embargo, aínda está parcialmente incumprida no tocante a buscar convenios con terceiros países para previr estas situacións con relación ao pago das pensións.

Lamentou que a Xunta se limitara a trasladarlle o acordo ao goberno central e reclamou que “Galicia se implique politicamente na solución deste problema”. Actualmente, advertiu, “a Axencia Tributaria non está garantindo períodos de fraccionamento dos pagos mais longos do habitual para os contribuíntes”, aos que pon en situacións “difíciles cando son moitas veces o principal sustento das súas familias”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar