Galicia debe de participar nos fondos de estímulo comprometidos pola Comisión Europea

Galicia debe de participar nos fondos de estímulo comprometidos pola Comisión Europea

Galicia debe de participar nos fondos de estímulo comprometidos pola Comisión Europea

Abel Losada sinala que Galicia debera contar cun mínimo de 1.500 millóns de euros procedentes de dito Plan e reclámalle ao goberno galego que determine as prioridades e obxectivos que permitan a Galicia investir os fondos.

O portavoz de Economía e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, vén de presentar unha proposición non de Lei na que lle esixe ao goberno galego que elabore un Plan global e transversal que permita a máxima participación de Galicia dos fondos de estímulo comprometidos polo presidente da Comisión Europea.

Losada lembra que a UE investirá un total de 300.000 millóns de euros en 3 anos a partir de marzo de 2015, dos que España debera contar cun mínimo de 30.000 millóns e Galicia un mínimo de 1.500. Esta estimación corresponde unicamente a datos poboacionais, “sen ter en conta elementos correctores como a taxa de desemprego, que en Galicia duplica a da UE, e que incrementaría aínda mais os fondos.

Alerta contra o “desleixo” amosado polo presidente do goberno galego, que “ata o momento non fixo ademán de participar na estratexia de reindustrialización de España presentada polo ministro Soria, e que por certo tampouco alude ás previsións de Junker”. O responsable socialista advertiu que “aínda non lle escoitei nin a Soria nin a Feijóo nin a ninguén do PP intentar acceder a ditos fondos”.

O responsable socialista apunta que “á hora de optimizar o máis posible a utilización destes recursos, convén deseñar un Plan global que estableza prioridades e obxectivos, tendo en conta as peculiaridades da nosa Comunidade Autónoma”. Quere que a Xunta eluda os erros do Plan Estratéxico Galicia 2010 – 2014 (Horizonte 2020), “rapidamente superado pola realidade económica e social galega”.

Losada explica que Feijóo leva presentado un destes plans en cada lexislatura, xa que si na primeira o Plan Estratéxico quedou “en nada”, na segunda presentou o Fondo de Crecemento, “un corta e pega, publicidade e propaganda sen ningún efecto real sobre a economía galega”.

A realidade, dixo, é que o financiamento privado non chega ao sistema produtivo e o Igape “mantense en estado de hibernación”, polo que “sen demanda e sen crédito non hai sistema produtivo que se manteña”.

Reclámalle por iso ao goberno galego que deseñe, nun prazo de 3 meses, un Plan global e transversal “que estableza prioridades e obxectivos, tendo en conta as peculiaridades da nosa Comunidade Autónoma, á hora de investir os fondos procedentes do novo Plan de Estímulo á Economía Europea”.

Ademais, Abel Losada puntualiza que dito plan debe ser enviado ao Parlamento “para que os grupos parlamentarios poidan facer as achegas que consideren oportunas” e así acadar o consenso imprescindible para unha achega de recursos destas dimensións.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar