Galicia debe acoller o Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos

Galicia debe acoller o Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos

Galicia debe acoller o Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico de Bivalvos

O portavoz de Marisqueo do Grupo Socialista, Julio Torrado, vén de presentar unha serie de iniciativas parlamentarias para urxir á Xunta que presente unha “aposta seria” para traer a Galicia a sede do Laboratorio Comunitario de Control Bacteriolóxico dos Bivalvos. O dito organismo, actualmente en Weymouth, é un dos agraviados polo brexit do Reino Unido.

O responsable socialista sinala que os “movementos” feitos neste sentido pola Xunta non son mais que “apostas tímidas e supeditas a decisións maiores que poden impedir unha firme candidatura”. Alerta do risco de que suceda “o mesmo que ocorreu coa Axencia Europea do Medicamento, na que Galicia foi ninguneada polo Goberno de España sen que existira posición crítica da Xunta ao respecto”.

A presenza do citado laboratorio permitiría reforzar, explica, o peso galego no sector marítimo – pesqueiro en Europa e no mundo, xa apuntado coa presenza aquí da Axencia Europea de Pesca – Vigo -. Engade ademais que “existen centros de investigación relevantes xa en Galicia traballando en rede, co peso fundamental da Ría de Arousa polo seu volume produtivo”.

É o caso do Igafa, en A Illa, ou o Cima en Vilanova, en torno á referencia mundial do Intecmar situado en Vilaxoán, que “traballa temas similares ao laboratorio comunitario e contribuiría a reforzar o traballo conxunto e a calidade da produción científica, así como a súa aplicación á produtividade e desenvolvemento do sector”.

Este laboratorio permitiría polo tanto “aumentar exponencialmente a produción científica e aplicada do sector da investigación mariña, así como o impacto económico directo da presenza dunha Axencia Europea en Galicia”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar