"Galicia comeza a sufrir as consecuencias da redución de orzamentos e o abandono das políticas de prevención de lumes por parte da Xunta"

"Galicia comeza a sufrir as consecuencias da redución de orzamentos e o abandono das políticas de prevención de lumes por parte da Xunta"

"Galicia comeza a sufrir as consecuencias da redución de orzamentos e o abandono das políticas de prevención de lumes por parte da Xunta"

O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez expresou a preocupación dos socialistas galegos pola situación de “abandono e absoluta irresponsabilidade” da Xunta en materia de lumes e criticou que “se busquen culpables alleos ou escusas peregrinas como que non estaba prevista a meteoroloxía adversa”.

Dixo que Galicia comeza a sufrir as consecuencias da redución de 28 millóns de euros en política de prevención de incendios e de dous anos de abandono das políticas forestais, onde non se asinou ningún convenio cos concellos para a prevención de lumes.

“Os socialistas galegos rexeitamos con absoluta rotundidade todas as accións para provocar incendios de xeito intencionado e estaremos dispostos a traballar na busca de responsables, pero quen ten que xestionar a política de lumes son o conselleiro de Medio Rural e o presidente do Goberno galego”, sentenciou.

Ao mesmo tempo, advertiu que “cada día estamos ás portas dunha catástrofe nas aldeas galegas, onde o risco se multiplica ante a incapacidade dos concellos para facer políticas de prevención pola inacción e a parálise da Xunta”.

Puxo como exemplo o acontecido esta fin de semana, onde foi necesario recorrer ás medidas excepcionais establecidas polo Goberno central, “cando o Goberno galego non ten en marcha nin o modelo ordinario de prevención de lumes”. Criticou ademais que o conselleiro de Medio Rural suxerise que os brigadistas poden estar detrás dos lumes provocados: “é unha barbaridade, se alguén sabe algo o que ten que facer é ir ao xulgado”.

Por elo, avanzou que o PSdeG pedirá con carácter de urxencia unha xuntanza do conselleiro de Medio Rural cos portavoces parlamentarios, a fin de coñecer a estratexia do Goberno galego na loita contra o lume. Así mesmo, os socialistas galegos esixirán a posta en marcha con carácter de urxencia do operativo de verán contra os incendios, e que o conselleiro e o presidente da xunta asuman as súas responsabilidades nesta materia.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar