Galicia, á cola nos indicadores de turismo do Estado

Galicia, á cola nos indicadores de turismo do Estado

Galicia, á cola nos indicadores de turismo do Estado

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Manel Gallego, denunciou hoxe que o desleixo do goberno galego está a situar a Galicia á cola de tódolos indicadores de turismo do Estado. Así o dixo no debate dunha pregunta oral en Comisión parlamentaria, na que reclamou unha avaliación do Plan Turístico de Galicia 2014-2014, que permanece secuestrado polo goberno galego.

O responsable socialista esixiulle ao goberno galego mais atención para un sector que mobiliza o 10 por cento do PIB da Comunidade Autónoma. O desinterese do Executivo ten relegado a Galicia á cuarta posición pola cola en aloxamentos de turismo rural, de acordo co INE, a terceira en apartamentos turísticos, e a segunda con menor crecemento do PIB, cun 2 por cento por diante do País Vasco, co 1,9 por cento, de acordo coa Autoridade Independente de Responsabilidade Fiscal –Airef-.

Gallego censurou que con estes datos a Xunta presente un balance triunfalista e se amosen satisfeitos, e instou a “facer unha reflexión seria e buscar os puntos fortes do turismo” para consensuar as medidas a tomar para resolver a situación.

Camiño de Santiago

O responsable socialista dixo que “o Camiño de Santiago está ben, pero non é o único”, para criticar a atención case exclusiva que lle ofrece a Xunta a este recurso, e lembrou que este turismo “non é o que mais diñeiro deixa en Galicia”.

Reclamou así maior atención a outras vetas de negocio, como pode ser o turismo de cruceiro, de alto nivel adquisitivo, ou a ampliación do turismo termal a outras provincias galegas, como pode ser Pontevedra, con numerosos enclaves de referencia, e que o goberno galego está relegando exclusivamente a Ourense.

Ademais, censurou a falla de atención a recursos naturais de Galicia, como poden ser as Illas Cíes, coa que é a considerada como mellor praia do mundo por algunhas publicacións e que nin sequera aparece nas campañas de promoción do goberno galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar