A futura Lei do Xogo debe ter en conta o impacto das ludopatías e o xogo responsable

A futura Lei do Xogo debe ter en conta o impacto das ludopatías e o xogo responsable

A futura Lei do Xogo debe ter en conta o impacto das ludopatías e o xogo responsable

Os responsables da Área Institucional e de Sanidade do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada e Julio Torrado, comprometéronse hoxe a levar ao debate parlamentario da futura Lei do Xogo de Galicia as demandas das asociacións galegas de ludópatas. Así o dixeron hoxe logo dunha xuntanza coa Federación Española de Jugadores de Azar Rehabilitados –Fejar-, a Asociación Galega de Xogadores Anónimos –Agaja- e Agalure.

Díaz Villoslada trasladou a súa preocupación pola elaboración da nova Lei do Xogo de Galicia por parte do goberno galego e subliñou a necesidade de que se enmarque na Lei Estatal que regula o xogo, presentada en 2011 polo goberno presidido por Zapatero.

Puntualizou que o plantexamento da norma galega debe ser polo tanto “non só recadatorio e fiscal senón que debe ter en conta tamén o impacto das ludopatías e establecer compromisos para promover o xogo responsable e previr o acceso dos menores”.

Os socialistas galegos comprometéronse hoxe a visibilizar os problemas das persoas que padecen este tipo de adiccións, así como a necesidade de regular o sector e de asignar recursos preventivos e dende o punto de vista da saúde mental. Advertiron do “desamparo” a que somete o Sergas aos enfermos de ludopatía e reivindicaron a súa inclusión nos plans de saúde mental do goberno galego.

Anunciaron que presentarán unha serie de iniciativas parlamentarias para reivindicar políticas reais de prevención, loita contra a “moi perigosa” tolerancia social nesta materia e de compromiso real cos afectados a través dos programas asistenciais. Trasladáronlles aos representantes dos colectivos as súas emendas aos orzamentos para reforzar a prevención de condutas aditivas, rexeitadas sistematicamente polo PP.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar