Furor xubilador da Xunta na sanidade pública galega

Furor xubilador da Xunta na sanidade pública galega

Furor xubilador da Xunta na sanidade pública galega

Hospital Clínico santiago (Chus)A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, denunciou hoxe o “furor xubilador” na sanidade pública por parte do goberno galego. A responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión sobre a que considera unha estratexia do PP para “desmantelar o sistema público e beneficiar ao privado”.

Acuña dixo que o goberno galego está a rexeitar por sistema todas aquelas solicitudes de prórroga da actividade laboral dos profesionais sanitarios que, unha vez acadados os 65 anos, queren continuar traballando ata os 70. Engadiu que a Xunta está a encetar unha serie de xubilacións “forzosas, masivas e á carta” para danar deliberadamente ao sistema sanitario público impedindo o seu correcto funcionamento.

Criticou que o goberno galego estea a prescindir da “elite” dos profesionais sanitarios, aqueles “mais valorados e mellor formados”, en contradición coas peticións do propio PP, que dende a oposición reclamaba a creación da figura do docente emérito, mais alá dos 70 anos.

Estes profesionais “que vostedes rexeitan, afastan e despiden do sistema sanitario público, son acollidos polo privado con moito interese” e esixiulle ao goberno galego “que cumpran coa Lei, e si os profesionais reclaman seguir traballando deben ser escoitados”.

Mentiras

Acuña desmentiu que o goberno estea a cubrir as vacantes das prazas docentes, xa que, de acordo coa organización médica colexial, a metade dos médicos especialistas carecen de praza, e o 41 por cento dos contratos da sanidade pública teñen unha duración inferior aos seis meses.

Tamén acusou á Xunta de mentir ao afirmar que as xubilacións prodúcense nas especialidades non deficitarias, por canto Galicia é a quinta Comunidade Autónoma con menos neurólogos, con 3,34 por cada 100.000 habitantes, cando a recomendación mínima é de 5 por cada 100.000 e sen embargo están xubilando neurólogos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar