"Frivolidade intolerable" de Feijóo ao dicir que o dispositivo antiincendios "funcionou"

"Frivolidade intolerable" de Feijóo ao dicir que o dispositivo antiincendios "funcionou"

"Frivolidade intolerable" de Feijóo ao dicir que o dispositivo antiincendios "funcionou"

A portavoz do Medio Rural do Grupo Socialista, Sonia Verdes, cualificou hoxe de “intolerable” que o presidente da Xunta “frivolice dicindo que o dispositivo antiincendios funcionou” cando o lume arrasou como mínimo 750 hectáreas nas Fragas do Eume. Así o dixo no debate en Comisión dunha pregunta oral sobre o lume iniciado no Parque Natural esta fin de semana.

Verdes reclamou á Xunta que “dean resposta e asuman a responsabilidade que non foron quen de asumir”, e criticou que Feijóo “só se dirixa aos propietarios para pedir colaboración mentres o goberno galego non responde”. Criticou que o presidente da Xunta tardara 14 horas en chegar ao sinistro unicamente para pedir mais penas aos incendiarios e pedir aos propietarios que se fagan cargo das súas obrigas.

Dixo que Feijóo estivo “ausente” evidenciando que “isto se lle queda grande” e evidencia a súa “incapacidade para asumir ningunha responsabilidade”, como puido constatar en persoa ao visitar “a traxedia á que levou a incompetencia e descoordinación da Xunta”. Como evidencia, lembrou que mentres as brigadas de Seaga están “na casa” teña que mobilizarse a UME mentres o goberno evidenciou unha grave descoordinación.

Lembrou que “o goberno galego non estaba para coordinar a extinción nin cos alcaldes e veciños desesperados cando o lume ameazaba as súas casas” e dixo que “a responsabilidade do goberno é protexer o Parque Natural das Fragas do Eume, especialmente no inverno mais seco en 50 anos”. Criticou que a negativa a mobilizar o dispositivo antiincendios provocou que en tres meses ardera mais que en 2008 e 2009.

A responsable socialista dixo que os lumes “non se apagan con austeridade e un recorte de 7 millóns de euros no dispositivo de prevención de incendios” e recortando nas axudas ás gandeirías que coidan o monte. Acusou ao goberno galego “arrisca a vida dos traballadores e traballadoras das brigadas recortándolles medios, someténdoos a xornadas maratonianas, non cubrindo as baixas nin sequera no caso de falecemento”.

Incendiarios

A responsable socialista chamou a ser “implacable” cos incendiarios, e acusou á Xunta de ter “desmantelado as medidas que propiciaban a detención dos incendiarios” ao suprimir as brigadas de investigación. Dixo que o goberno galego, coa súa política de recortes indiscriminados, dificulta os traballos para determinar as causas do incendio e avaliar en qué medida se puxo en risco a vida das persoas.

Advertiu que “os lumes non se apagan unicamente perseguindo” a estes criminais porque a expansión dos incendios por onde a Xunta non aplicou labores de prevención “non é so cuestión dos incendiarios”. Criticou a “demagoxia” do Goberno galego cando o mesmo fiscal do Medio Ambiente lembrou que as penas por lumes xa oscilan entre 10 e 20 anos.

Verdes sinalou que “toca aplicar medidas para rexenerar, evitar a erosión e paliar o risco de escorrentías” e sinalou que “espero que non pase como co plan da seca,  que a realidade é que non existe".

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. Abril 10, 2012 a 13:30

    Esto es mas que la politica de ahorro impuesta por este señorito que todo le vale hasta dejar morir nuestro patrimonio forestal por no poner los medios necesarios para controlarlo antes de que suceda.
    Politicas de vigilancia y prevencion, limpieza de nuestros montes, cambio radical de la ley en cuanto a que los incendiarios paguen con su patrimonio y si no tiene nada a su nombre por cada euro que no paguen, un dia mas de carcel.
    Sistema de prevencion y vigilancia continuado, ubicacion de torres en los puntos mas altos de nuestras montañas para observacion de los fuegos con equipos de comunicaciones y coordinacion para una mas rapida atencion de los mismos antes de que sean mas incontolables. Brigadas de reten y limpieza con maquinaria preparadas para avisos o incidencias determinadas con bases logisticas para su transporte e intervencion.
    Medios de extincion adecuados al riesgo de los equipos humanos de primera intervencion, trajes equipados con resistencia al fuego, cascos adecuados y botellas de oxigeno y medios de proteccion individual y de comunicacion con el resto del equipo, localizacion con GPS de todo el equipo de intervencion en todo el tiempo que dure la extincion.Personal cualificado y preparado fisicamente para estas intervenciones.
    Avionetas de bajos consumo para la vigilancia diurna de nuestros montes equipadas con camaras para posibles identificaciones , aviones no tripulados para la vigilancia aerea de nuestros montes para no ser detectados por los incendiarios con grabacion de video y transmision de imagenes a los centros de coordinacion de incendios etc.
    Con voluntad se consigue y con inteligencia se ahorra al final de la campaña contra el fuego 2012, que yo diria “campaña incendiaria 2012”
    Control sistematico de las zonas de peligro y reincidencia con patrullas motorizadas nocturnas y diurnas.
    Medios electronicos de deteccion de fuego por banda de luz infraroja

Os comentarios están pechados.

Pechar