Frívola resposta da Xunta fronte ao varapau xudicial que anulou 129 prórrogas de transporte

Frívola resposta da Xunta fronte ao varapau xudicial que anulou 129 prórrogas de transporte

Frívola resposta da Xunta fronte ao varapau xudicial que anulou 129 prórrogas de transporte

O portavoz de Infraestruturas e Transportes do Grupo Socialista, Raúl Fernández, criticou hoxe a reposta “frívola” do goberno galego á sentenza do Tribunal Supremo que vén de anular as prórrogas de 129 das 147 concesións de transporte por estrada que hai en Galicia. Fernández presentou unha moción na que reclamaba unha norma transitoria urxente e unha nova Lei de Mobilidade, que foi rexeitada polo PP.

O responsable socialista sinalou que a sentenza do Supremo ven a poñer á Xunta “no seu sitio” e evidenciar que logo da concesión irregular das prórrogas en 2009 estiveron “sen plan B, sen facer nada sabendo que vulneraban a norma comunitaria”. A resolución xudicial vén evidenciar que “enganaron ao sector, pretenderon enganar á UE e mesmo se enganaron a vostedes mesmos”.

Dixo que a “situación caótica de inseguridade xurídica” na que se atopa o transporte por estrada “escenifica a realidade dunha Consellería situada na interinidade, que despachou 3 directores xerais de Mobilidade en 3 anos, cun caótico e irrisorio nivel de execución orzamentaria. Acusouna de “consentir a desaparición de itinerarios e de paradas nas liñas ferroviarias, a descoordinación no transporte aéreo ou a paralización do metro lixeiro”.

O deputado socialista sinalou que as súas propostas resultan “pouco cribles logo de que lles entren as presas cando gobernaron 30 dos 36 anos de autonomía” e despois de intentar responsabilizar ao goberno de Touriño por unha sentenza do Supremo que “nunca o cuestionou”.

Proposta

Raúl Fernández reclamou, a través desta moción, unha norma transitoria urxente que evite os prexuízos causados pola anulación das prórrogas concedidas irregularmente polo Goberno de Feijóo.

Ademais, reclamou unha nova Lei de Mobilidade, elaborada en colaboración co sector do transporte e dos concellos, para deseñar un novo mapa de transporte que garanta a viabilidade do servizo e garanta a presenza do transporte no rural galego garantindo que chegue a “todos e cada un dos galegos e das galegas”.

Os socialistas reclamaron un novo mapa de transportes, unha mobilidade respectuosa, redes de transporte eficientes, coordinadas e que aproveiten a intermodalidade plenamente, garantindo ademais o transporte no medio rural. Fernández instou a paliar unha xestión “decepcionante, que non sabe de ónde ven, ónde está nin ónde vai” por parte da conselleira.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar