Frialdade e pasividade do PP fronte aos asasinatos por violencia de xénero

Frialdade e pasividade do PP fronte aos asasinatos por violencia de xénero

Frialdade e pasividade do PP fronte aos asasinatos por violencia de xénero

Carmen AcuñaA portavoz de Igualdade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, criticou a “frialdade e pasividade” do PP fronte aos asasinatos por violencia de xénero. Así o dixo na Comisión de Política Social do Parlamento, na que o PP vetou unha proposición non de Lei dos socialistas galegos para pedir campañas de sensibilización, un estudo da Universidade e medidas correctoras nas políticas do goberno.

“Nos están matando”, espetoulle ao PP a deputada socialista para denunciar o repunte de casos de violencia machista, aos que os gobernos de Feijóo e Rajoy responden con recortes e medidas lexislativas como a reforma da Lei do Aborto, a supresión de Educación para a Cidadanía e a recuperación da Relixión como asignatura.

Esta resposta, dixo, supón “unha pena e un fracaso para devolvernos ás cavernas”, e esixiu o compromiso do PP na loita contra a lacra da violencia de xénero que “non é fácil pero esixe compromiso orzamentario e político”.

O obxectivo é frear a violencia contra as mulleres e reverter os resultados do Estudo social da violencia de xénero na adolescencia e xuventude, polo que o 33 por cento da mocidade considera “aceptable” o control da parella.

Proposta

Carmen Acuña propuxo hoxe reclamarlle á Xunta que desenvolva “campañas de sensibilización, educación e prevención contra a violencia de xénero e a prol da igualdade entre homes e mulleres nos centros educativos de todo o territorio, con especial incidencia nos derradeiros cursos de primaria e de secundaria”.

Ademais, reclamou un convenio coa Universidade “para que realice un estudo en profundidade no que se avalíe polo miúdo a incidencia das novas tecnoloxías en condutas agresivas, ameazantes e de control por parte de adolescentes e mocidade” e empregalo para “desenvolver as medidas correctoras que deriven do resultados do mesmo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar