Frear o ataque directo á escola pública

Frear o ataque directo á escola pública

Frear o ataque directo á escola pública

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, presentou no Pleno do Parlamento unha proposición non de Lei para paralizar a Lomce en Galicia como paso previo á súa derrogación e frear así “un ataque directo á escola pública deste país”. O responsable socialista acusou ao PP de dinamitar un novo Pacto pola Educación ao rexeitar a proposta socialista na liña da proposición de Lei aprobada no Congreso.

Docasar dixo que “aínda estamos a tempo de paralizar o calendario de implantación da Lomce en Galicia” tal e como están pedindo 12 das 17 comunidades autónomas, freando as reválidas de sexto de Primaria e de segundo de Bacharelato, así como de paralizar os cursos de segundo e cuarto da ESO “mentres non se clarifique o futuro da Lomce”.

O responsable socialista acusou ao PP de “ir contra o sentir xeneralizado da comunidade educativa” e chamou á unidade e ao acordo para “facer unha nova Lei educativa con amplo consenso social e político e con capacidade real de durar no tempo”. Docasar reclamou a recuperación do investimento educativo co horizonte de acadar o 7 por cento do PIB e da recuperación dos 400 millóns de euros recortados por Feijóo só en Galicia.

Respecto

Fixo un chamamento á estabilidade e a incrementar a dotación de recursos pero, puntualizou, “por enriba de todo necesitamos coidar e respectar ao profesorado, pois sen el non hai reforma milagreira que mellore o sistema educativo en ningún país”. Reclamoulles que “deixen de enganar, manipular e confundir á opinión pública con este controvertido tema”.

Acusou así ao goberno galego de respaldar a posta en marcha dun calendario de implantación da Lomce “precipitado e temerario”, que supuxo a posta en marcha sen tempo nin recursos dos decretos de Primaria, Secundaria, Bacharelato e FP Básica, as novas programacións didácticas ou as reválidas da Lomce.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar