Fraude política do PP ao impedir o debate sobre o nomeamento dos membros do padroado da antiga obra social das caixas

Fraude política do PP ao impedir o debate sobre o nomeamento dos membros do padroado da antiga obra social das caixas

Fraude política do PP ao impedir o debate sobre o nomeamento dos membros do padroado da antiga obra social das caixas

Méndez Romeu censura que o goberno galego “está a regalarlle toda a obra social das extintas caixas a unha entidade privada” sen ningunha posibilidade de debate político.

O portavoz do Grupo Socialista, José Luis Méndez Romeu, denunciou hoxe a “fraude política” perpetrada polo PP ao “regalarlle a totalidade da obra social das extintas caixas galegas” a unha entidade privada furtando calquera posibilidade de debate no Parlamento. Así o dixo logo de que na Xunta de Portavoces de hoxe se confirmara o engano do PP, que limitou a elección dos representantes políticos na Fundación a unha decisión da Mesa do Parlamento.

Ademais, dixo, “como colofón decide sustraer o nomeamento dos membros escollidos polo Pleno do Parlamento e limitalo a unha decisión administrativa sen ningún tipo de debate político a través da Mesa do Parlamento”. Así o dixo logo de que a decisión fora comunicada sen posibilidade de réplica na reunión da Xunta de Portavoces de hoxe.

O responsable socialista denunciou que o presidente da Xunta “incumpre tódolos seus compromisos” ao decidir unilateralmente deixar nas mans de Banesco a presidencia e a nove membros da Fundación Obra Social de Galicia, herdeira da Fundación Caixagalicia, a través dun proceso “absolutamente opaco”.

Denunciou a “actitude despótica” demostrada polo presidente da Xunta e polo partido que o sustenta en todo o proceso de desaparición das caixas galegas, que culmina coa decisión comunicada hoxe na Xunta de Portavoces.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar