Francisco Rodríguez anima a que "haxa moitísima participación" neste "gran día da democracia"

Francisco Rodríguez  anima a que "haxa moitísima participación" neste "gran día da democracia"

Francisco Rodríguez anima a que "haxa moitísima participación" neste "gran día da democracia"

O candidato do PSdeG-PSOE á alcaldía de Ourense, Francisco Rodríguez, espera que este 22-M sexa "o gran día da democracia" e "haxa moitísima participación".

En declaracións aos medios, Francisco Rodríguez espera que todo se desenvolva con normalidade" durante a xornada "con ausencia de incidentes, como está a transcorrer até agora".

O aspirante á reelección en Ourense depositaba o voto ás 10.30 horas no CEIP da Ponche, na contorna da Ponte do Milenio da cidade das Burgas.

O candidato socialista manifestou, ademais, que a partir das 20.00 horas estará na sede do PSdeG na cidade de Ourense para realizar o seguimento destes comicios municipais.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar