Francisco Rivera denuncia que a CRTVG evita o concurso público troceando contratos e adxudicacións a dedo

Francisco Rivera denuncia que a CRTVG evita o concurso público troceando contratos e adxudicacións a dedo

Francisco Rivera denuncia que a CRTVG evita o concurso público troceando contratos e adxudicacións a dedo

O portavoz da Comisión da CRTVG do Grupo Socialista Juan Carlos Francisco Rivera denunciou que a CRTVG evita o concurso público e contrata avogados a dedo para litigar en representación do ente autonómico, malgastando perto 210.000 euros, por asuntos que debería de xestionar os propios servicios xurídicos do ente.

O deputado socialista cualificou esta xestión “de indecente”, e criticou as constantes soflamas do PP a prol “da famosa austeridade”.

Denuncia que a CRTVG “troceou en cuantias menores de 60.000 euros estas adxudicacións sen publicidade co fin de evitar o concurso publico”. E insistiu nas súas criticas “este é o único xeito de gobernar que ten o PP , pola porta de atrás e con empresas amigas”.

Juan Carlos Francisco Rivera sinala na canle autonómica existen servicios xurídicos cualificados para realizar estas xestións. Ademais propón que outra opción mais axeitada “seria negociar cun so bufete de avogados, para acadar un precio axeitado nas negociacións”.

O parlamentario acusa ao Director da CRTVG de “dilapidar os cartos públicos”. Nese senso anunciou que reclamará explicacións en sede parlamentaria ao Director Xeral “para reclamar respostas urxentes e precisas sobre este asunto”, resumiu.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar