Francisco Rivera acusa ao Goberno de Feijóo de facer "un auténtico ERE" na UPA

Francisco Rivera acusa ao Goberno de Feijóo de facer "un auténtico ERE" na UPA

Francisco Rivera acusa ao Goberno de Feijóo de facer "un auténtico ERE" na UPA

O portavoz parlamentario dos Socialistas Galegos en materia de Emerxencias e Interior, Juan Carlos Francisco Rivera , sinalou que a Unidade de Policía Adscrita (UPA) en Galicia está sendo desmantelada polo goberno da Xunta de Galicia, por un criterio claramente político e económico. O deputado puxo de manifesto que os compromisos da Xunta de Galicia co incremento da plantilla da Unidade Adscrita son nulos como reflicten os propios orzamentos da Xunta para o ano 2012.

Francisco Rivera lembra que “os socialistas propuxemos que os orzamentos do ano 2012 contemplasen unha partida de 6 millóns de euros para cofinanciar o incremento da policía autonómica e o PP votou en contra. Este é o auténtico compromiso da Xunta coa UPA”, dixo.

O deputado socialista recoñeceu o enorme esforzo do persoal da UPA a pesares do desmantelamento progresivo da plantilla e da escaseza de medios materiais e esixiu ó responsable de Interior da Xunta de Galicia “compromiso político cun modelo de seguridade pública en Galicia que pasa inexorablemente pola creación do corpo de Policía Galega e polo desenvolvemento da Lei de Policía do ano 2007”.

Os socialistas lamentan que o goberno galego queira esconder o seu fracaso estrepitoso na xestión da UPA na “ exhibición estatística dunha serie de datos que non vamos a cuestionar por prudencia, aínda que hai ecuacións que son imposibles de resolver”, manifestou Francisco Rivera en relación o alto índice de imputados e detido por delitos asociados a actividade incendiaria e a diminución alarmante de policías.

Finalmente, o parlamentario esixe ao Conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, que “cumpra as promesas feitas ós sindicatos policiais en relación o aumento dos efectivos da UPA, unha vez que xa gañaron as eleccións xerais e Rajoy xa é Presidente “.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar