Francisco Rivera acusa a Xunta de “deixadez” na posta en marcha do consorcio de extinción de incendios de Ourense

Francisco Rivera acusa a Xunta de “deixadez” na posta en marcha do consorcio de extinción de incendios de Ourense

Francisco Rivera acusa a Xunta de “deixadez” na posta en marcha do consorcio de extinción de incendios de Ourense

O deputado do Grupo Parlamentario Socialista, Juan Carlos Francisco Rivera interveu no Pleno da Cámara para interpelar á Xunta sobre a data que ten pensada para poñer en funcionamento o Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e de Salvamento da provincia de Ourense. Alí denunciou “o escaso interese da Xunta” en poñer en marcha este consorcio, e aludiu as constantes promesas do PP sobre este asunto. Advertiu do compromiso do Conselleiro de Presidencia nas que asegurou que ía constituílo. Dixo que con este “ninguneo” a provincia de Ourense esta totalmente abandonada, xa que é a provincia que menos parques de bombeiros ten de Galicia. Nese senso lembrou que o parque de bombeiros de Lugo foi licitado e executado na pasada lexislatura.

O deputado socialista tamén fixo alusión as trabas da Deputación presidida por Baltar e o propio Conselleiro de Presidencia sobre a posta en marcha deste consorcio, e envioulles unha mensaxe “polo ben dos ourensáns é importante que se poñan dacordo, sobre todo sendo do mesmo partido político”, ironizou.

Rivera explicou que na pasada lexislatura o Parlamento Galego aprobaba a Lei 5/2007, de 7 de maio de Emerxencias de Galicia. Sinala que esta normativa artellaba un sistema integrado de emerxencias e protección civil para dar resposta dun xeito coordinado de todas as Administracións Públicas presentes no territorio a prevención dos riscos e a xestión das emerxencias, establecendo igualmente para os e as cidadáns o dereito e o deber de prestar colaboración.

Argumenta que para a execución da política autonómica en materia de protección civil e xestión das emerxencias creábase como órgano instrumental de dereito público a Axencia Galega de Emerxencias, entidade encargada de xestionar o Centro de Atención de Emerxencias 112.

Subliña que a Lei 5/2007, na súa Disposición Adicional Terceira establecía a obriga da Xunta de Galicia de impulsar a constitución de Consorcios Provinciais para a prestación de servizos de prevención e extinción de incendios e de salvamento que serían financiados polas Deputacións, Concellos de máis de 20.000 habitantes e pola propia Xunta de Galicia. Neste punto advirte que “para a súa constitución a Disposición Transitoria Terceira fixaba un prazo límite de tres anos a partires da entrada en vigor da Lei”.

O deputado ourensán dixo que a día de hoxe están constituídos os Consorcios Provinciais da Coruña e de Lugo, sendo os seus estatutos aprobados por unanimidade por tódolos grupos políticos. E denuncia “que falla a constitución dos Consorcios Provinciais de Ourense e de Pontevedra”.

Promesa do Conselleiro de Presidencia

Francisco Rivera critica que a inacción política do actual Goberno da Xunta de Galicia é a que impide que nestes intres Ourense non teña constituído o Consorcio Provincial de Extinción de Incendios e de Salvamento, máxime cando xa fai máis de seis meses que o conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, comprometeu na Cámara a súa constitución nun prazo razoable de tempo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar