Francisco Caamaño demanda apoio para o sector pesqueiro

Francisco Caamaño demanda apoio para o sector pesqueiro

Francisco Caamaño demanda apoio para o sector pesqueiro

O cabeza de lista dos socialistas coruñeses nas eleccións autonómicas do 21 de outubro, Francisco Caamaño, demandou hoxe ao goberno de Feijoo “apoio para o sector pesqueiro” e, “concretamente, para a flota artesanal e de baixura”, que a pesar de representar o 90% do total dos nosos barcos, apenas percibe axudas europeas e “está a atravesar serias dificultades polo esgotamento dos cupos de captura de especies como a xarda ou o xurelo”.

Caamaño, que visitou hoxe a localidade coruñesa de Malpica acompañado da candidata nº 5, Marisol Soneira, interesouse polas demandas deste sector, que reclama, entre outras cuestións, cambios no reparto dos TAC (totais admisibles de capturas) destas especies en Galicia, xa que algunhas delas chegan a augas galegas cando xa están a punto de rematar os seus cupos, o que supón unha clara desventaxa competitiva respecto ás flotas doutras comunidades do Cantábrico.

Os socialistas consideran que “é necesario adecuar a realidade extractiva á realidade sociolaboral das rexións europeas”, e “facer valer en Madrid e Europa a enorme importancia social e económica da pesca galega”, que xera un importante número de postos de traballo, tanto na parte extractiva, como nas de transformación e comercialización de productos do mar, nas que Galicia é unha referencia en Europa.

Neste sentido, apuntaron que a pesca galega xera hoxe menos postos de traballo que hai catro anos, perdeu peso internacional e ten máis problemas de competitividade; e comprometeron o apoio dun futuro goberno socialista na Xunta para “devolverlle á pesca galega o seu estatus”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar