Francisco Caamaño advirte que a Xunta "quere acabar coa edición de libros de texto en galego"

Francisco Caamaño advirte que a Xunta "quere acabar coa edición de libros de texto en galego"

Francisco Caamaño advirte que a Xunta "quere acabar coa edición de libros de texto en galego"

caamañoO portavoz de Lingua do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, dixo que a licitación da contorna virtual de aprendizaxe para o ensino non universitario e dos contidos curriculares dixitais por parte do goberno en realidade “intenta acabar coa edición de libros de texto en galego”. O responsable socialista interpelou hoxe ao goberno por estes concursos que suman 3,6 millóns de euros.

Caamaño explicou que o goberno galego vén de contratar unha plataforma única en contra da libre competencia que impide a participación das empresas editoras con plataformas e contido dixital propio. Explicou que as editoriais que queden excluídas da plataforma “deixarán de publicar en galego” deixando á lingua “mermada” grazas a unha práctica “en contra do disposto pola UE e as regras de competencia”.

Ademais, sinalou que este modelo, unido á contratación dos contidos curriculares dixitais para determinados cursos obriga aos alumnos que queiran os contidos gratuítos a adquirir os contidos específicos contratados pola Xunta.

Advertiu que este sistema discrimina aos alumnos do medio rural escolarizados en centros que carecen de acceso ás novas tecnoloxías, e mesmo beneficia aos centros concertados previamente beneficiados no Plan Avalar de informatización das aulas por parte do goberno galego.

Sinalou tamén que o modelo elimina a liberdade de cátedra nos centros educativos, obrigados a escoller unicamente os libros dispostos polo goberno galego. Esixiulle neste sentido ao goberno galego que substitúa este sistema por unha plataforma que supoña un “punto nodal no que as empresas poidan colgas os seus contidos e que os centros poidan elixir”.

Negou que a xestión do goberno sexa “transparente” cando, dixo, “se trata de paquetes pechados cos contidos curriculares educativos e que foron contratados mesmo antes de coñecer os contidos curriculares para o próximo curso”.

Sociedade estamental

O responsable socialista acusou ao goberno galego de utilizar o desenvolvemento das novas tecnoloxías no ensino como mecanismo para “volver ao estado estamental cuasi feudal” discriminando aos alumnos en función da súa procedencia e nivel adquisitivo.

Subliñou que “cando falan de beneficiar ás familias en realidade falan de algunhas familias con determinados recursos, que viven en determinada contorna social e con determinadas crenzas relixiosas a poder ser” e, rematou, que participan do ensino en centros concertados “que discriminan por razón de sexo”.

Preguntou “cómo é posible que o conselleiro vaia dicirlles aos alumnos que soportan goteiras e instalacións inadecuadas que pouco a pouco non van ter que pagar libros no ensino e que vamos acadar o mesmo que hai 7 anos xa acadara o goberno socialista”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar