Fraga di que dende a chegada de Feijoo á Xunta os orzamentos para voluntariado descenderon nun 80%

Fraga di que dende a chegada de Feijoo á Xunta os orzamentos para  voluntariado descenderon nun 80%

Fraga di que dende a chegada de Feijoo á Xunta os orzamentos para voluntariado descenderon nun 80%

A portavoz de Mocidade e Voluntariado do Grupo Parlamentario Socialista Silvia Fraga defendeu hoxe no Pleno do Parlamento as emendas do PSdeG-PSOE no proxecto de Lei de acción voluntaria. Lembra que dende o Grupo Parlamentario Socialista “non realizamos emenda a totalidade xa o 90% do contido deste texto xa estaba redactado e aprobado polo anterior Goberno da Xunta”.

O Proxecto de Lei foi aprobado por unanimidade. O Grupo Parlamentario Socialista decidiu apoiar a aprobación deste texto a pesar de que non se incluiran no mesmo cuestións que consideraban de importancia, porque son conscientes da enorme necesidade dun novo marco normativo para o sector, ampliamente demandado polas entidades de iniciativa voluntaria, e considera que foi moito o tempo que xa leva perdido o actual Goberno galego.

Explica que esta normativa “é moi necesaria”, e advirte que o marco normativo co que vén contando a acción voluntaria en Galicia é a lei 3/2000 de voluntariado de Galicia, modificada pola lei 3/2002 de medidas de réxime fiscal e administrativo.

Así as cousas Fraga afirma que “xa no Plan de Voluntariado 2006/2010 se establecía a necesidade de adaptar a lexislación a diversificación das actividades solidarias que se estenderon a numerosos ámbitos de actuación”. E argumenta que “a evolución da sociedade, a relevancia e o protagonismo da acción voluntaria na sociedade pon de manifesto a necesidade de actualizar e redeseñar as política públicas de acción voluntaria para dotalas dunha maior eficacia e contar con un marco normativo adaptado á realidade social polo cal o anterior Goberno da Xunta deixou aprobado no ano 2008 un proxecto de lei”.

Nese senso critica que o Goberno de Feijoo “non considera conveniente regular a acción voluntaria en situacións de emerxencia”. Denuncia ademais que o PP “non esta preocupado por dotar de máis e mellores garantías e ferramentas ao sector da acción voluntaria, porque senón non terían esperado máis de dous anos e medio para traer aquí este texto, cando o anterior Goberno lle deixara un texto aprobado e consensuado co sector”, espetou.

A deputada socialista asegura que o compromiso do Goberno de Feijoo co voluntariado de Galicia “é cero”. E replica que nos orzamentos da Xunta indican que dende a chegada do PP ao Goberno Autonómico “a cantidade adicada á solidaridade, ao voluntariado, descendeu nun 80%, o cal supón que para o ano 2012 o acción voluntaria galega contará con 7 millóns de euros menos que no ano 2009.”.

Mais polo miúdo a parlamentaria sinala que nesta normativa a Xunta suprimiu cuestións moi importantes como a “Escola Galega de Voluntariado, o Foro de Comunicación da Acción Voluntaria e a Rede Galega de entidades do sector”. E anuncia que dende o PSdeG-PSOE presentamos emendas pedindo que estean recollidos na lei todos estes instrumentos de utilidade para a acción voluntaria, e lembra que non suporían un custe a maiores para a administración pública autonómica.

Municipios con voz

Silvia Fraga defende unha maior presenza dos municipios nos órganos colexiados cuia creación regula esta lei, propoñéndoa súa presencia no Observatorio Galego de Acción Voluntaria. Dixo “parécenos importante que os municipios teñan presencia e voz nun órgano de participación, investigación e asesoramento das políticas de voluntariado”.

No que se refire á composición do Observatorio Galego de Acción Voluntaria reclamamos incrementar a presencia das entidades de acción voluntaria “propuxemos que a vicepresidencia do observatorio galego de acción voluntaria recaera nas entidades e non na administración autonómica en quen xa recae a presidencia”.

Consello Galego de acción voluntaria

E no que atinxe a composición do consello galego de acción voluntaria o PSdeG propuxo varias emendas “unha delas foinos aceptada, a que se refire á presencia das entidades adicadas a defensa da igualdade”, pero tamén pedimos “que as vocalías que estarán presentes no consello de acción voluntaria en representación da administración autonómica, que os representantes terán o rango secretario/a xeral, posto que está recollido que estará un representante da administración responsable da igualdade de xénero e recordo que, de momento, é unha secretaria xeral”.

Voluntariado en caso de emerxencias

Sobre as emendas relacionadas co voluntariado en caso de emerxencias explica que están referidas ao concepto de persoas voluntarias, a promoción da participación de persoas voluntarias por parte da administración local e autonómica e a coordinación do voluntariado ante este tipo de situacións. E engade que considera unha irresponsabilidade que a Xunta de Galicia non queira regular unha mellor organización e coordinación do voluntariado en caso de emerxencias, tendo en conta o fundamental papel que este voluntariado tivo en Galicia diante de catástrofes coma o Prestige, cando tivo que suplir a inacción dunha administración autonómica presidida polo PP, ou diante da vaga de lumes do ano 2006.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar