Fracaso monumental da reválida de sexto de Primaria

Fracaso monumental da reválida de sexto de Primaria

Fracaso monumental da reválida de sexto de Primaria

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, cualificou hoxe de “fracaso monumental” o resultado da reválida de sexto de Primaria desenvolvida esta semana pola Consellería de Educación. De acordo coas asociacións de nais e pais, participou desta proba menos do 40 por cento do alumnado convocado, o que supón unha “desautorización sen paliativos ” á administración educativa.

Docasar instou ao goberno presidido por Feijóo a realizar unha “profunda reflexión” logo dun varapau “sen precedentes na nosa historia recente”. Dixo que este resultado obriga á paralización e posterior derrogación da Lomce logo de acordar e aprobar unha nova Lei de consenso.

O responsable socialista sinala que a resposta das familias galegas “demostra claramente que impoñer unha Lei pola brava e sen consenso con ninguén non leva a ningures e ten graves consecuencias para o bo funcionamento e o prestixio do sistema educativo do país”. Reiterou a súa petición de paralización do calendario de implantación da Lomce e as reválidas de 3º e 6º de Primaria, 4º de ESO e 2º de Bacharelato.

Reclamou unha nova Lei de Educación “consensuada co conxunto da comunidade educativa e con capacidade de durar no tempo para proceder á derrogación da Lei actual”, seguindo a demanda dos diferentes sectores da comunidade educativa.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar