Fracaso estrepitoso na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 da Xunta

Fracaso estrepitoso na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 da Xunta

Fracaso estrepitoso na Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 da Xunta

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, lamentou hoxe o “fracaso estrepitoso” da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 para a implantación de ensino plurilingüe na educación pública obrigatoria, posta en marcha en xuño. Criticou que os responsables da Xunta se centren na “carreira pola etiquetaxe” de centros obviando a eficacia e resultados reais desta iniciativa.

Explicou que a única intención da Consellería de Educación sexa “poñer unha pegatina” nas portas dos centros, dentro da “perpetua propaganda para facer ver que se apoia o ensino en lingua estranxeira. Presentou así unha escolma de 29 centros de ensino Infantil admitidos que obteñen a certificación ofrecendo só unha materia en inglés, na inmensa maioría dos casos correspondente a plástica.

Criticou que “na práctica só teñen unha hora adicional en lingua inglesa, e con iso xa son declarados trilingües”, a pesares de que “custa crer que deste xeito mellore de forma notable a competencia en lingua estranxeira do alumado”. Advertiu que a Consellería “non está a facer avaliación de resultados nin da aplicación deste programa”.

En calquera caso hai, explica, un total de 81 centros que teñen participado no programa Plurinfantil, dirixido a implantar o plurilingüismo no ensino infantil, dun total de 261 que poderían ter participado. Este 31 por cento é, con moito, o mellor dos datos que pode presentar a Consellería.

Explica que no caso do Bacharelato, que desta volta eran susceptibles de participar no programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccauréat en francés, denominado Bachibac, tan só participou un centro dos 294 posibles, o que “se poñan como se poñan supón un 0,003 por cento”.

A terceira “medida innovadora” para o próximo curso para a implantación do plurilingüismo no FP, denominado Estrela FP, saldouse con apenas 7 centros adscritos dun total de 263 posibles, o que ta un saldo do 0,003 por cento.

Álvarez reclamoulle ao goberno galego unha valoración da aplicación destes programas, e advertiu que “por moi creativos que se poñan non poderán falar dunha valoración positiva”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar