Fracaso do plan de turismo da Xunta a só dez meses de ser aprobado

Fracaso do plan de turismo da Xunta a só dez meses de ser aprobado

Fracaso do plan de turismo da Xunta a só dez meses de ser aprobado

O portavoz de Turismo do Grupo Socialista, Manel Gallego, reclamoulle hoxe ao goberno galego que comece o próximo período de sesións rendendo contas na Cámara autonómica do primeiro ano do Plan integral de turismo de Galicia 2014-2016. O responsable socialista advirte que a tan só dez meses do seu lanzamento, o Plan está condenado ao fracaso polo avance pírrico do sector.

Así, sinalou que as pernoitas hoteleiras, malia ter aumentado con relación con 2013, continúan entre xaneiro e novembro un 20 por cento por debaixo do ano 2011 e son un 5 por cento inferiores a 2009, a costa ademais dunha drástica rebaixa dos prezos por noite e polo tanto dos beneficios para o sector, debido á falla de planificación do goberno galego.

Gallego alertou fronte aos “cantos de serea” do goberno galego, que pretende facer pasar por éxito o que en realidade constitúe a “crónica dun fracaso anunciado” mentres a nivel nacional “o sector bate récords”. Preguntoulles polo tanto “de qué presumen” cando a súa xestión para o turismo galego caracterízase polo “desleixo mais absoluto”.

Lembrou que o sector hoteleiro ocupou en novembro a 5.754 traballadores, un 1 por cento menos que no mesmo mes do ano 2013 e un descenso do 12 por cento con relación á media do período 2009 – 13. O grao de ocupación en novembro foi do 22,71 pro cento, 22 puntos por debaixo da media estatal, que supón o 44,61 por cento.

Castigo orzamentario

O responsable socialista denunciou que o goberno galego estea a deixar ao sector turístico “á súa sorte” logo de castigalo cunha diminución drástica do orzamento para o ano 2015. Para o próximo exercicio a Xunta dedicará ao turismo 42,9 millóns de euros, 300.000 euros menos que en 2014 e case a metade dos 78,4 millóns de euros que orzamentaba no ano 2009.

Gallego lamenta que a Xunta “está a demostrar un ano tras outro que non está á altura dun sector que supón preto do 11 por cento do PIB de Galicia e que emprega no entorno das 120.000 persoas.

Así o demostrou na elaboración e presentación dun Plan integral de Turismo plagado de obviedades, sen proxecto estratéxico nin memoria económica ou presuposto previsto para as escasas liñas que propón. De feito, ironiza, a única cifra certa que coñecemos é que nos custou a tódolos galegos e galegas 47.100 euros que foron facturados pola consultora privada Valora Consultores de Gestión S.L.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar