Fracaso de Feijóo: a taxa de paro sube en Galicia catro veces máis que no Estado

Fracaso de Feijóo: a taxa de paro sube en Galicia catro veces máis que no Estado

Fracaso de Feijóo: a taxa de paro sube en Galicia catro veces máis que no Estado

O portavoz de Orzamentos e Industria do Grupo Socialista, Abel Losada, lamentou hoxe os “malos” datos do paro en Galicia “a pesares do discurso triunfalista de Núñez Feijóo”. Así o dixo durante o debate dunha pregunta oral sobre a situación dunha empresa de O Porriño, ao que lle respondeu a directora xeral de Emprego da Xunta.

Losada sinalou que a taxa de crecemento do desemprego en Galicia, que aumentou un 2,32 por cento no último mes, cuadriplica á taxa do Estado, onde medrou un 0,6 por cento. A xestión das políticas de emprego da Xunta fixeron, dixo, que Galicia rexistrara a segunda maior suba de todo o Estado no número de parados en termos absolutos e a terceira en termos relativos.

Ademais, as afiliacións á Seguridade Social caeron case o dobre que no resto do Estado, mentres a nivel interanual aumentaron apenas a metade que no resto de España. Abel Losada advertiu das “derivadas sociais” deste “problema cada vez maior do desemprego que evidencia a debilidade do mercado laboral”.

Así, dixo, o desemprego e o feito de que o 92 por cento dos novos contratos sexan precarios está a provocar “graves problemas de pobreza, de desigualdade social e desequilibro entre os niveis de renda”, ata o punto de que no último ano o número de fogares sen ingresos medrara un 17 por cento en Galicia.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar