Fracaso absoluto da estratexia galega de linguas estranxeiras 2020

Fracaso absoluto da estratexia galega de linguas estranxeiras 2020

Fracaso absoluto da estratexia galega de linguas estranxeiras 2020

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Luis Álvarez, tildou hoxe de “fracaso absoluto” o resultado da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras 2020 da Consellería de Educación. O responsable socialista presentou unha pregunta en Comisión sobre este programa escasamente ambicioso, sen avaliación de resultados e que apenas foi secundado polos centros educativos.

O responsable socialista explicou que este programa, posto en marcha para “intensificar” o ensino plurilingüe no ensino público, conseguiu que se adheriran 81 centros dos 261 de ensino primario, apenas un dos 234 de secundaria, e tan só 7 dos 263 posibles de FP. Estes “resultados insuficientes”, dixo, fan pensar nun “fracaso absoluto” neste programa do goberno galego.

Sinalou que o pretendido aumento da “intensidade” do ensino en linguas estranxeiras en realidade limitouse a aumentar unha hora á semana de docencia en materias optativas no ensino secundario e FP. Ademais da “participación exigua” dos centros, dixo, “o que máis nos preocupa é que non se estea facendo avaliación de implementación para comprobar se están respondendo ou non aos obxectivos”.

Álvarez respaldou a “conveniencia e oportunidade de ter programas de mellora da competencia lingüística”, pero puxo en cuestión que o goberno galego se demostre “moi satisfeito” cun programa para a mellora de competencia lingüística de un só centro en secundaria e 7 de FP en toda Galicia.

Sinalou que un total de 81 centros que teñen participado no programa Plurinfantil, dirixido a implantar o plurilingüismo no ensino infantil, dun total de 261 que poderían ter participado. No caso do Bacharelato, que desta volta eran susceptibles de participar no programa de dobre titulación de Bacharelato e Baccauréat en francés, denominado Bachibac, tan só participou un centro dos 294 posibles.

A terceira “medida innovadora” para o próximo curso para a implantación do plurilingüismo no FP, denominado Estrela FP, saldouse con apenas 7 centros adscritos dun total de 263 posibles.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

Pechar