Fracasado o Plan para persoas con discapacidade da Xunta

Fracasado o Plan para persoas con discapacidade da Xunta

Fracasado o Plan para persoas con discapacidade da Xunta

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, dixo hoxe que o Plan de Acción Integral para as persoas con discapacidade 2010 -2013 “é un plan fracasado na súa execución”. Así o dixo na comparecencia da conselleira de Traballo e Benestar no Pleno do Parlamento para dar conta das supostas actuacións para a integración social e laboral deste colectivo.

Gallego advertiu que o goberno galego ten incumprido os compromisos adquiridos na integración laboral e, polo tanto, persoal e social das persoas con discapacidade mentres o goberno galego non aplicou a suposta transversalidade que requiren estas políticas.

Así, de acordo cos datos do INE, en Galicia hai un 10 por cento menos de persoas con discapacidade integradas no mercado laboral, como revela que sexan activas un 32,93 por cento do total de persoas con discapacidade, fronte ao 36,57 por cento da media do Estado. Para chegar ao nivel do Estado, apuntou, habería que incorporar a mais de 3.000 persoas cada ano.

Denunciou que as política da Xunta teñen xerado un mercado laboral “mais débil e polo tanto mais cruel cos mais débiles” que no conxunto do Estado Ademais. Así o revela a evolución de crecemento de persoas activas se incrementou en España nun 17,79 por cento dende 2009, fronte ao 5,4 por cento de Galicia, 3,3 veces inferior.

Criticou que o goberno galego non ten “nada feito” no canto á formación de persoas con discapacidade, a incorporación de discriminación positiva para as mulleres con discapacidade, a creación dunha rede de mulleres con discapacidade ou atención específica para actuar polas vítimas de violencia de xénero dentro deste colectivo.

O goberno galego tampouco destinou un só euro, dixo Gallego, á eliminación de barreiras arquitectónicas, así como a axudas aos concellos para mellorar a accesibilidade ou para a incorporación de mobiliario urbano accesible. Ademais, a Xunta de Feijóo eliminou as axudas de acceso á vivenda e eliminou a renda básica de emancipación, mentres renunciou a crear “ningunha praza pública” para persoas con discapacidade.

Contradición

Gallego explicou que os recortes de Feijóo aos servizos sociais e ás políticas de dependencia contradín os principios apuntados no Plan que debe incorporar calquera política de integración laboral, como son a participación no emprego, o acceso aos recursos e o dereito de bens e servizos.

A parlamentaria socialista criticou que o goberno galego “nada fixo” con relación á formación laboral, teleformación a distancia, axudas aos concellos para o fomento de emprego de persoas con discapacidade, contratos de formación para primeira ocupación, ou incluír a contratación a discapacitados nas empresas que traballen co goberno.

Criticou tamén que os orzamentos aprobados polo goberno galego, que en 2013 destinou un 40,37 por cento menos de recursos para políticas activas de emprego, o que suma 218,7 millóns de euros menos dende a chegada de Feijóo ao goberno galego.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar