Fondo pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo

Fondo pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo

Fondo pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo

O líder dos socialistas galegos, Pachi Vázquez, amosou hoxe o seu fondo pesar polo falecemento de Isaac Díaz Pardo, un dos máis importantes intelectuais galegos de tódolos tempos e un dos máximos expoñentes da arte galega. Pachi Vázquez transmitiulle así á súa familia “o cariño, respecto e sentemento de pesar que está recorrendo a tódolos socialistas galegos” .

Salientou que a súa traxectoria foi “un modelo de compromiso con Galicia desenvolto dende tódalas facetas da súa vida, tanto cultural, como política e empresarial” e que representa “o mellor da nosa historia recente” nunha persoa humilde a pesares de contar cunha traxectoria vital exemplar e ter sido un “referente para toda Galicia”.

O líder dos socialistas galegos acudirá ás 17,00 h. da tarde de hoxe, acompañado de membros da dirección PSdeG-PSOE, ao tanatorio no que descansan os restos mortais do intelectual galeguista, para amosar o seu apoio á familia de Díaz Pardo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar