Fondo malestar na comunidade educativa polo comezo do segundo curso da Lomce

Fondo malestar na comunidade educativa polo comezo do segundo curso da Lomce

Fondo malestar na comunidade educativa polo comezo do segundo curso da Lomce

IES MilladoiroO portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, salientou hoxe o “fondo malestar” en toda a comunidade educativa diante das lamentables condicións nas que comezou o novo curso escolar. O responsable socialista interveu na comparecencia no Pleno do Parlamento do conselleiro de Educación para dar conta do inicio do curso “con 50 días de retraso”, afeoulle Docasar.

O deputado socialista sinalou que o segundo curso da “Era Lomce” deu comezo “con mais defectos e problemas dos que xa denunciáramos o curso anterior”, derivado da “premura, improvisación e chapuza” por parte do goberno. Sentenciou que “diga o que diga vostede, seguen faltando recursos humanos e materiais en moito centros galegos”.

Sinalou así á “enorme chapuza que montaron coa xestión dos libros de texto”, as carencias de persoal, a implantación precipitada e insuficiente dos decretos de Secundaria e Bacharelato, dificultando a elaboración das programacións didácticas, os horarios “e ata a propia matriculación nos centros”.

Criticou a carencia de recursos para bolsas de estudos ou para educación compensatoria, un menor número de profesores “e máis desmotivados”, e os alumnados padecendo as consecuencias da posta en marcha “apresa e correndo” da FP Básica, que impedirá que o alumnado poida acadar unha titulación en secundaria ata o curso 2018.

Equidade

O deputado socialista reclamou “a fin do austericidio” coa recuperación de orzamentos expansivos no ensino público e que estes se dediquen a “salvagardar a equidade” e que “nin un só neno ou nena vaia a clase sen libros de texto e material escola”.

Instou a “seguir mellorando os resultados” do ensino público galego “mirando cara aos mellores” e recuperar o investimento para restaurar as condicións do profesorado, os gastos de funcionamento, os equipamentos didácticos ou corrixir a fenda dixital.

Propuxo finalmente un acordo na Mesa Sectorial de Educación para convocar “unha potente oferta de emprego docente” e “déana a coñecer con antelación suficiente para que os milleiros de aspirantes a profesores teñan un horizonte de certidume sobre o tema”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar