Flagrante incumprimento do Pacto Local en materia de centros de saúde

Flagrante incumprimento do Pacto Local en materia de centros de saúde

Flagrante incumprimento do Pacto Local en materia de centros de saúde

Carmen AcuñaA portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, esixiulle hoxe ao Goberno galego que asuma os gastos do Centro de Saúde de Petín cumprindo co estipulado no Pacto Local vixente dende 2007 e paralizado por Feijóo. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Sanidade celebrada hoxe no Parlamento de Galicia.

A deputada socialista considera “esperpéntico e absurdo” que o goberno galego lle esixa ao Concello unha certificación de cesión dunha infraestrutura que foi construída pola propia Xunta. Lembra que o Concello foi quen lle cedeu á Xunta os terreos para construír o Centro, e que este comezou a funcionar con cargo aos orzamentos do Goberno local, aínda sendo titularidade do Goberno galego, en contra do que dispón o dito Pacto Local.

Acuña esixiulle á Xunta que resolva “este galimatías” e asuma a súa competencia e deixe de “esquivar” a súa responsabilidade á hora de sufragar os gastos de mantemento do dito centro.

Centros de Saúde

Lembrou o elevado número de Centros de Saúde de Galicia que a día de hoxe son mantidos polos concellos, que están a ver cómo o goberno central “estrangula” os seus orzamentos e o Goberno autonómico elude as súas responsabilidades. Dos 247 centros de saúde actualmente en funcionamento en toda Galicia, dixo, a Xunta tan só administra 72, co que aínda quedan 175 nos que non se aplica o dito Pacto Local.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar