Fito Ferreiro, nomeado coordinador do Grupo LGTB do PSOE

Fito Ferreiro, nomeado coordinador do Grupo LGTB do PSOE

Fito Ferreiro, nomeado coordinador do Grupo LGTB do PSOE

O PSdeG-PSOE quere celebrar o nomeamento do portavoz do grupo LGTB dos socialistas galegos “Sete Cores”, Fito Ferreiro, como coordinador de LGTB do PSOE en toda España. Os socialistas galegos dan a noraboa a Ferreiro pola súa nova responsabilidade, que supón un novo recoñecemento ao seu traballo en defensa dos dereitos das persoas LGTB.

Grazas a Ferreiro, Galicia sitúase hoxe á cabeza da actuación política do PSOE en defensa dos dereitos das persoas LGTB a nivel nacional. Os socialistas galegos entenden que o nomeamento deste coruñés, nacido en 1962, como coordinador do Grupo LGTB a nivel federal, dentro da Secretaría de Movementos Sociais encabezada por Pedro Zerolo, responde ao seu compromiso e a unha probada capacidade de traballo.

Ferreiro vén avalado en toda España polo traballo feito polo grupo galego encabezado por el na elaboración da Lei pola Visibilidade e non discriminación das persoas LGTBI, aprobada polo Parlamento de Galicia no pasado mes de abril.

Esta norma, pioneira no conxunto das comunidades autónomas, segue a recabar a cotío os parabéns dos compañeiros e compañeiras doutras comunidades autónomas, que demandan información para seguir o modelo galego e trasladalo a outros parlamentos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar