Firmeza para reclamar a chegada do AVE a Galicia en 2018

Firmeza para reclamar a chegada do AVE a Galicia en 2018

Firmeza para reclamar a chegada do AVE a Galicia en 2018

O deputado do Grupo Socialista, Abel Losada, esixiulle hoxe ao goberno galego “unha posición de firmeza” fronte ao goberno central para manter o compromiso da chegada da alta velocidade ferroviaria a Galicia en 2018. Os socialistas presentaron unha moción, que será debatida no próximo Pleno do Parlamento, para que o goberno galego lle esixa a Rajoy que cumpra co seu compromiso.

O responsable socialista propón, como medida para acelerar o remate das obras, licitar de forma conxunta o proxecto e obra do tramo do AVE, Taboadela – Ourense – Empalme. Esta infraestrutura permitiría a integración do novo acceso ferroviario na cidade de Ourense coas características técnicas e de calidade no servizo das demais liñas de Alta Velocidade Ferroviaria.

Comisión de Seguimento

Os socialistas galegos reclaman “retomar e convocar de xeito urxente a Comisión de Seguimento”, que foi acordada no acordo de 2009 para manter encontros anuais coa participación dos portavoces e os grupos da oposición do Parlamento de Galicia.

Este órgano ficaría encargado de avaliar as previsións do actual Goberno de España no que atinxe á programación dos orzamentos para o ano 2017 e seguintes, para garantir “o cumprimento efectivo da execución das obras nos distintos tramos do AVE a Galicia nos prazos comprometidos.

Información mensual

Ademais, esíxelle ao goberno galego que reivindique diante do Executivo a reactivación da información con actualización mensual na web do Ministerio de Fomento, ofrecendo datos sobre a situación dos procedementos de licitación, de adxudicación e a execución de proxectos e obras dos diferentes tramos do AVE a Galicia, clarificando a porcentaxe de obra executada e certificada en cada tramo.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar