Firmeza, decisión e medios para frear os vertidos no rural

Firmeza, decisión e medios para frear os vertidos no rural

Firmeza, decisión e medios para frear os vertidos no rural

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, José Antonio Quiroga, reclamoulle hoxe ao goberno galego “firmeza, decisión e medios” para frear os vertidos das industrias de transformación nas canles de auga do medio rural. O responsable socialista presentou na mesma Comisión unha pregunta ao goberno e unha Proposición non de Lei para reclamar un mapa de vertidos que foi aprobada por unanimidade.

O responsable socialista chamou a “conxugar a protección do medio ambiente cos postos de traballo e a industria de transformación do sector primario” para “darlle vida ao medio rural”. Sinalou que “os postos de traballo son necesarios e importantes para o desenvolvemento da actividade socioeconómica e a auga constitúe un elemento cardinal e estratéxico das actividades sociais e económicas.

Sinalou así os graves exemplos ao longo do rural galego de verteduras que poñen en perigo as canles de auga do interior, partindo da “polémica e alarma social” rexistrada ao comezos de ano en Chantada, pola petición dunha industria transformadora do rural. Esta, con actividade no Concello de Taboada, solicitaba verter residuos ao río Enviande, no concello de Chantada, a 2,4 quilómetros de distancia.

Quiroga dixo que “o debate de desenvolvemento e medioambiente debe resolverse a favor dunha convivencia e complementariedade entre a actividade transformadora xurdida do rural e do medio”.

Mapa

O deputado socialista presentou na mesma Comisión unha proposición non de Lei para pedirlle á Xunta a creación dun mapa de vertidos nas canles do medio rural, que foi aprobada por unanimidade. José Antonio Quiroga explicou que “compre comezar polos alicerces e contar primeiro cun mapa que permita detectar o problema como paso previo para actuar”.

Dixo que esta primeira medida permitiría contar con “documentación completa para focalizar solucións en territorios, industrias e sectores e facer unha primeira diagnose dun problema de moitísima importancia”.

Texto da iniciativa aprobada hoxe:

-“O Parlamento de Galicia insta ao Goberno galego para que cree o mapa de vertidos en canles no medio rural por parte de industrias de transformación do sector primario, diferenciando o tipo de vertidos, o seu impacto e perigosidade para o medio”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar