Fin da dobre imposición fiscal para os emigrantes retornados

Fin da dobre imposición fiscal para os emigrantes retornados

Fin da dobre imposición fiscal para os emigrantes retornados

A portavoz socialista de Facenda, Begoña Rodríguez, presentará unha interpelación para finalizar coa “dobre imposición” fiscal sobre os emigrantes retornados, á que se enfrentan dende o ano 2013 “sen ter culpa, nin sequera mera neglixencia no cumprimentos das súas obrigas”.

Rodríguez reclama que a Xunta inste ó Goberno a establecer un tratamento fiscal específico para as pensións públicas dos emigrantes retornados, fixar un procedemento homologador que facilite os trámites, e devolver os importes cobrados indebidamente.

O Tribunal Superior de Xustiza recoñece dende o ano 2006 que os pensionistas que tributaron polas súas pensións en Alemaña non debe facelo tamén no Estado español.

Ademáis, recentemente coñececeuse que a Comisión de Peticións da Eurocámara instará por carta ó Goberno central para que busque dunha solución colectiva para os máis de 250.000 galegos con pensións no estranxeiro, informándolle da situación fiscal e pedíndolle que atenda as demandas da asociación de afectados.

Rodríguez lembrou que este grupo parlamentario leva anos manifestando a súa preocupación pola situación dos emigrantes retornados, que son presionados pola Axencia Tributaria para declarar as rendas percibidas polas pensións, baixo a ameaza dunha sanción que en moitos casos fíxose efectiva. “Unha notificación que chegou mesmo a familiares de emigrantes falecidos” sinalou a portavoz socialista de Facenda.

“Os afectados por esta decisión do Goberno son persoas maiores, en moitos casos con escasos coñecementos fiscais, e que non actuaron con vontade de defraudar, posto que ata entón Facenda nunca lles esixira tributar por esas pensións” engadiu.

Tras un “gran esforzo reivindicativo” os afectados conseguiron que a Administración tributaria accedese a correxir a súa forma de proceder, anulando as sancións e deixando de aplicar intereses de demora, pero aínda “hai colectivos que continúan solicitando unha ampliación do prazo de regularización e denunciando anomalías”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar