Filibusterismo da Xunta no saqueo ao Centro Gallego de Bos Aires

Filibusterismo da Xunta no saqueo ao Centro Gallego de Bos Aires

Filibusterismo da Xunta no saqueo ao Centro Gallego de Bos Aires

Centro Gallego Buenos AiresA portavoz de Emigración do Grupo Socialista, Marisol Soneira, denunciou o “filibusterismo” do goberno galego, ao que acusa de “permitir o saqueo do Centro Gallego de Bos Aires”. Así o dixo no debate dunha proposición non de Lei na Comisión de Emigración do Parlamento de Galicia, onde denunciou unha operación encuberta para asegurar a Alejandro Dobarro e Santiago Camba como “representantes vitalicios” na Obra Social Ospaña.

A proposta, dirixida a preservar o patrimonio cultural e identitario do Centro Gallego de Bos Aires, foi rexeitada polo PP, ao que Soneira acusou de amparar o “desmantelamento” dos fondos desta institución. O Centro ten un patrimonio composto por obras de tódolos artistas galegos no exilio, unha biblioteca de 20.000 volumes e a fonoteca coas intervencións dos “pais da patria galega”, ademais do patrimonio inmaterial do Hospital no que finou o propio Castelao, e que hoxe está “pendente dun fío”.

Soneira levou á Cámara unha resolución do goberno arxentino que da conta da decisión da Xunta e do Goberno central e substituír ao Centro Gallego da xestión da Obra Social dos Inmigrantes Españois e os seus Descendentes Residentes na República Arxentina –Ospaña-, para substituílo por unha mutua privada creada ad hoc.

Asegurou que os principais beneficiarios desta decisión serán precisamente o delegado da Xunta en Bos Aires, Alejandro Dobarro, tamén presidente do PP de Arxentina e vicepresidente de Ospaña, e ao ex secretario de Emigración do goberno galego e actual conselleiro de Emprego e Seguridade Social da embaixada de España en Bos Aires, Santiago Camba, os dous representantes da mutua privada que substitúe ao Centro Gallego en Ospaña.

Lembra que Ospaña foi creada en colaboración co goberno central, a Xunta e as autoridades arxentinas para dar cobertura sanitaria a tódolos inmigrantes españois e descendentes en Arxentina a través do Hospital do Centro Galego. Con esta decisión, explicou, o Centro Galego, que formaba parte dos órganos de dirección de Ospaña, “deixa de ter voz nin voto na toma de decisións”, polo que Ospaña “convértese nunha Obra Social mais das tantas que hai na Arxentina”.

Esto pon en perigo, dixo Soneira, a supervivencia do propio Hospital e do Centro Galego, que ten un patrimonio composto por obras de tódolos artistas galegos no exilio, unha biblioteca de 20.000 volumes e a fonoteca coas intervencións dos “pais da patria galega”, ademais do patrimonio inmaterial do Hospital no que finou o propio Castelao, e que hoxe está “pendente dun fío”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar