Fildago pide no Senado que se rematen as obras do Centro de Interpretación de Parques Naturais de Galicia

O senador Miguel Fidalgo presentou unha moción na Cámara Alta para instar ao Goberno a que se reanuden as obras para rematar o Centro de Interpretación dos Parques Naturais de Galicia, que suporá un novo atrac

tivo da cidade de Ourense para quen queira coñecer e desfrutar da riqueza natural de Galicia.

Fidalgo lembra que Ourense foi elixida pola Xunta e o Goberno de España como sede deste centro por ser a provincia de Galicia onde se atopan a maioría dos parques naturais, así como territorios protexidos que forman parte da Rede Natura.

O senador insta ao Goberno a que na maior brevidade posible realice a montaxe museística e a dotación da mesma para a súa posta en funcionamento.

“Así o merecen os numerosos espazos naturais de Galicia, o Parque de Serra da Lastra, a flora e botánica das Fragas do Eume, o Parque do Invernadeiro, as Dunas de Corrubedo, Pena Trevinca e o Parque do Xurés”, afirma.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar