Fidalgo reclama que se manteña a Confederación Hidrográfica Miño-Sil na súa actual estrutura administrativa

Fidalgo reclama que se manteña a Confederación Hidrográfica Miño-Sil na súa actual estrutura administrativa

Fidalgo reclama que se manteña a Confederación Hidrográfica Miño-Sil na súa actual estrutura administrativa


O voceiro socialista na Comisión de Medio Ambiente e Cambio Climático do Senado, Miguel Fidalgo, presentou hoxe no rexistro da Cámara unha moción na que solicita diversas actuacións inmediatas ante a actitude do Goberno de reformular a Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

No texto desta pídese á Comisión de Medio Ambiente que manteña a citada Confederación na súa actual estrutura administrativa. A través desta iniciativa, tamén propón que se axilice e aprobe, á maior brevidade posible, o Plan Hidrolóxico da Cuenca Miño-Sil. Por último, Fidalgo insta ao Goberno a que continúe cos trámites e xestión da construción da sede da Confederación Miño-Sil, na cidade de Ourense.

Miguel Fidalgo subliña que a creación da demarcación hidrográfica en Galicia foi unha longa reivindicación dos galegos para xestionar as augas da Cuenca dende Galicia e que este logro se conseguiu co goberno socialista.

Así mesmo, o senador do PSOE por Ourense valora os esforzos realizados para a modernización do sistema automático de información hidrolóxica (SAIH) que permite ter monitorizada a xestión das augas, ou o Sistema de Información de Calidade das Augas (SAICA) que fan desta demarcación dos ríos galegos un exemplo de innovación.

O parlamentario socialista afirma que o Plan Hidrolóxico, no que se define a xestión dos ríos por parte dos usuarios, a administración municipal, autonómica e o Estado, está pendente de ser aprobado. Miguel Fidalgo aclara que "iso supuxo varios anos de traballos técnicos, debate e dialogo con diversos colectivos, a exposición pública e as seguintes alegacións ata conseguir un documento de consenso para os próximos vinte anos de xestión dos ríos galegos".

Fidalgo subliña que "a creación da Confederación foi unha conquista para as aspiracións de Galicia e sobre todo unha resposta ás demandas sociais que non entendían como as cuestións que afectan a esta demarcación na que máis do 80% está en Galicia, había que ir a xestionalas a Oviedo". "Por iso, engadiu, separar os ríos galegos dos do Cantábrico foi unha decisión acertada".

O senador galego recorda que "é necesario rematar as actuacións da nova sede da Confederación para agrupar as diversas oficinas dispersas pola cidade e dotalas de instalacións axeitadas á tecnoloxía que xa usa a Confederación". Miguel Fidalgo apunta, por último, que espera contar co apoio de todos os cidadáns e colectivos que loitaron por conseguir esta demarcación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar