Fidalgo reclama ao Goberno unha solución política á estafa das preferentes para indemnizar aos afectados

Fidalgo reclama ao Goberno unha solución política á estafa das preferentes para indemnizar aos afectados

Fidalgo reclama ao Goberno unha solución política á estafa das preferentes para indemnizar aos afectados

O senador socialista por Ourense, Miguel Fidalgo, reclamou ao Goberno unha solución política á estafa das participacións preferentes co obxecto de indemnizar os aforradores afectados. Neste sentido, subliñou a desastrosa xestión de fusión impulsada polo presidente da Xunta, Alberto Nuñez-Feijoo, en Galicia e asegurou que se o Goberno central pode investir 3.600 millóns de euros para reflotar a banca galega, debe cubrir con 903 millóns os aforros de 43.000 galegos.

Fidalgo dirixiuse ao ministro de Economía e Competitividade, Luis de Guidos, e recordou que Galicia contaba con dúas caixas (Caixa Galicia e Caixanova) e que, despois do mandato do PP, o balance indica que agora Galicia non ten caixas, perdeu as dúas: "A desastrosa xestión de fusión impulsada polo señor Feijóo, de forma pouco transparente, deixou a Galicia sen un sistema financeiro propio".

O parlamentario do PSOE explicou que "o Estado tivo que poñer 3.600 millóns de euros e dise que terá que cubrir o burato do ladrillo, que vai custar entre 8000 e 9000 millóns de euros. Por iso, o Estado agora ten o 93% da entidade que, polo tanto, ten carácter público".

"Polo camiño, engadiu, quedaron centos de oficinas pechadas, centos de poboacións sen servizo, desapareceron miles de postos de traballo e, así mesmo, 43.000 galegos cunha estafa, aos que lles quitaron os aforros de toda a vida, persoas maiores, nenos e mozos, algúns con minusvalideces, persoas sen coñecementos financeiros básicos que confiaron nos empregados dunhas entidades que foron premidos para vender esas figuras de risco".

Miguel Fidalgo destacou que o Estado conta con 3.600 millóns de euros para Novagalicia Banco e que, probablemente, necesite máis de 8.000 millóns de euros, pero non tivo ata agora 903 millóns de euros para devolver os aforros de toda unha vida a 43.000 galegos que pensaban que tiñan o seu diñeiro nun depósito, que lle ofertaron con enganos para financiar operacións urbanísticas e, cando fallaron, queren que o paguen eses aforradores estafados.

Fidalgo asegurou que o Estado é responsable por non exercer as súas funcións e, ao mesmo tempo, é propietario para dar unha solución. "Non se pode esperar a unha acción xudicial, que é lenta, nin a unha arbitraxe, que apenas chega a unha pequena porcentaxe dos estafados. Non vale a vía suxerida no memorando que supón unha quita que pode chegar ata o 70% dos aforros. A cuestión ten que basearse nunha solución política, nunha nova vía que recolla o subsidio e indemnice aos que teñen o perfil de pequenos aforradores, que deben ser indemnizados".

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar