Fidalgo: "O PP paraliza a estación de Ourense para esconder a traizón de Rajoy a Galicia: atrasar a chegada do AVE"

Fidalgo: "O PP paraliza a estación de Ourense para esconder a traizón de Rajoy a Galicia: atrasar a chegada do AVE"

Fidalgo: "O PP paraliza a estación de Ourense para esconder a traizón de Rajoy a Galicia: atrasar a chegada do AVE"

O senador socialista Miguel Fidalgo considera que “a desculpa de realizar estudos sobre a estación do AVE, cuxo proxecto xa foi adxudicado e se está redactando, demostra a intención do Goberno do PP de atrasar a posta en marcha desta infraestrutura”.

Apunta que é “fundamental” que a Estación de Ourense non sufra atrasos, “tendo en conta que faltan por licitar menos de 30 quilómetros entre Ourense e Madrid, os máis próximos a cidade, e que xa quedaron contratados os trens híbridos que van funcionar utilizando as novas vías segundo vaian terminándose os tramos”.

“A chegada do PP ao Goberno só trae malas noticias para a provincia”, asevera. “Hai un goteo incesante de paralizacións e atraso

s en todas as actuacións que afectan a Ourense”, engade.

Miguel Fidalgo afirma que “menos mal que os Gobernos socialistas foron dando os pasos para ir construíndo un tren de alta velocidade de calidade que xa está en funcionamento entre Ourense e Coruña, e que xa está construído ou a piques de rematarse na maioría dos tramos”.

Así, o senador socialista esixe “que se contraten a os poucos quilómetros pendentes para que poida poñerse en valor as inversións próximas ó BILLÓN de pesetas (5.000 millóns de euros) que poñen a Galicia non mapa das comunicacións europeas por ferrocarril”.

Explica que paralizar a construción da Estación é a desculpa para ocultar a verdadeira traizón do goberno Rajoy a Galicia, atrasar a posta en funcionamento das liñas de Alta Velocidade por ferrocarril con Galicia.

Por último, Fidalgo esixe á Xunta faga as dotacións orzamentarias suficientes para aportar a parte que lle corresponde á Estación de Autobuses, e poder convertir a estación de Alta Velocidade de Ourense en intermodal que permita a conexión dos distintos modos de transporte.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar